Rexistros atopados: 3 Total de páxinas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.09 - Fuco Sanjiao Otero
03.06.09.01 - Colección de fotografías

1900 / 1910
1 fotografía(s) Positivo (par estereoscópico) en branco e negro 90 x 83 mm., sobre cartón de 95 x 179 mm

En: 03.06.09.01 - Colección de fotografías

Grupo de tres mulleres fiando liño co fuso e a roca. As tres están de pé, vestidas con pano da cabeza, mantón cruzado sobre a camisa, saia e mandil. Ao seu carón están unha nena e un neno. Detrás, unha construcción con muros de cachotería e cuberta de tella.

FSO/Foto-29//20
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.09 - Fuco Sanjiao Otero
03.06.09.01 - Colección de fotografías

1900 / 1910
1 fotografía(s) Positivo (par estereoscópico) en branco e negro 86 x 82 mm., sobre cartón de 98 x 176 mm

En: 03.06.09.01 - Colección de fotografías

Vista da eira dunha casa con varias pombas e galiñas soltas e xunto a elas, un can. Á dereita hai unha muller de idade avanzada, de pé vestida con pano na cabeza, mantón cruzado no peito e unha mantela de pano sobre os ombreiros, unha saia escura e zocos; nas mans leva un pano branco atado con algo no seu interior. Á esquerda hai un home, de pé, con boina, chaleco, chaqueta e pantalón longo. A cada lado ten dúas nenas de curta idade, ambas con pano na cabeza e mandil; a máis pequena leva un fouciño na man e intenta cortar unha vara de madeira. Ao fondo está a casa, con paredes de cachotería e cuberta de tella. Apoiado na parede da casa, hai un rapaz con boina, chaqueta e pantalón longo, a carón dunha moa de afiar e cunha ferramenta na man.

FSO/Foto-29//21
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.09 - Fuco Sanjiao Otero
03.06.09.01 - Colección de fotografías

1900 / 1910
1 fotografía(s) Positivo (par estereoscópico) en branco e negro 86 x 84 mm., sobre cartón de 100 x 175 mm

En: 03.06.09.01 - Colección de fotografías

Paisaxe dunha agra aberta con valados que dividen as leiras e agros de diferentes propiedades. No primeiro plano hai un grupo de persoas, varios rapaces, dúas mulleres e unha nena.

FSO/Foto-29//22
Página: 1/1