Novoa
Reportaxe do acto oficial de entrega das obras de rehabilitación do soto, no antigo parque de Bombeiros, a cargo da empresa J. Malvar S.A.
01-07. Acto de recepción na actual Biblioteca Baltar (Salón Verde) coa mesa presidida por Thais de Picaza, Presidenta de Construcións J. Malvar, e Antonio Fraguas Fraguas, Presidente do Padroado do Museo.
08-22. Visita de Thais de Picaza e dos membros do Padroado, á nova sala da soto da ala norte de Bonaval coas obras xa rematadas.
Rodríguez Fraiz, Antonio, 1912-1995
Recóllese documentación persoal de caracter biográfico, como homenaxes, correspondencia, recordatorios, invitacións, facturas, e outros documentos relacionados coa súa actividade relixiosa, ademais de intelectual e cultural, artigos de prensa seus ou sobre el, e outros en relación coas institucións de seu interese e ámbito (MPG, Pedrón de Ouro, Museo de Pontevedra, Amigos da Terra de Montes, Instituto Padre Sarmiento,...); do mesmo xeito, a documentación inclúe unha serie de coleccións facticias feitas polo propio Rodríguez-Fraíz.
Correspondencia emitida e recibida de diversa natureza, desde persoal a felicitacións de Nadal, tarxetas de visita, invitacións a vodas e pésames
Títulos, documentos de identidade...