Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Pezas sobre fondo de tecido escuro. Base da Cruz de cristal de rocha (século XIII) do Convento de Santa Clara de Allariz, tres anxos sobre unha base decorada co miniaturas pintadas representando varias escenas da vida de Xesús. Copa de prata do século XVI, da Marquesa de Villaverde de Limia, ornada con tres asas en forma de dragón e un sátiro sentado e suxeitando o vaso
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Peza troncopiramidal de prata decorada con miniaturas sobre a vida, repartidas polas tres caras da base. No parte superior, tres figuras orantes de anxos sostendo o arranque cilíndrico da cruz
O remitente, vicario do convento de Santa Clara de Allariz, comunica que o bispo da diocese reclama sexan devoltas urxentemente as pezas (cruz de cristal de roca e virxe de marfil abrideira) que foron para a Exposición Regional Gallega de 1909. Tamén asina a abadesa. An. ms. `Lda. 20/3`
O remitente, quere saber como vai ser o retorno das pezas (cruz de cristal de roca e virxe de marfil abrideira) que foron para a Exposición Regional Gallega de 1909, pregunta sobre as opinións dos expertos sobre ditas pezas e que valor económico poderían ter.
O remitente informa que finalmente a abadesa da permiso, con gran pesar, para que as pezas de Allariz (a Cruz de Cristal de roca e a Virxe Abrideira de marfil) vaian para a Exposición Regional Gallega de 1909.
O remitente comunica que dous anticuarios con afán de facer negocio ofertaron polas pezas (cruz de cristal de roca e virxe de marfil abrideira) que estiveron na Exposición Regional Gallega de 1909, un prezo inferior, comparando co prezo que Oviedo Arce lle dera.
Carta para agradecer que o Convento prestase a Virxe de marfil abrideira e o Cristo de Cristal de Roca para a Exposición Regional Gallega de 1909.
O remitente agradece o trato dispensado a Eladio Oviedo Arce, secretario da Sección de Arqueoloxía da Exposición Regional Gallega de 1909. Inacabado
Vista xeral dun conxunto de cinco placas de marfil e dúas de acibeche con escenas figurativas de temática relixiosa (crucifixión, Virxes, San Xurxo e o dragón); un diptico de marfil con figura de Virxe con Neno e a Virxe Abrideira de Allariz, con escenas dos gozos e festas marianos
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Cruz de cristal de rocha (século XIII) do Convento de Santa Clara de Allariz. Cristo crucificado e figuras relixiosas aos lados, asi como dúas figuras orantes que se identifican co Dona Violante e Afonso X; sobre un cristal tallado unha escena relixiosa; sobre a basa, suxeitan o pao uns anxos e na basa, miniaturas pintadas representando varias escenas da vida de Xesús e ornado con esmaltes
Virxe Abrideira (século XIII) do Convento de Santa Clara de Allariz, aberta. Imaxe sedente da Virxe co Neno no colo, aberta é un pequeno altar tripartito cando se abren os gonzos da súa fronte, que fai de porta e permite ver o seu interior, labrado con escenas relixiosas dos gozos de María, resumo das festas adicadas á Virxe codificadas na liturxia cristiá occidental no século XIII.
Virxe Abrideira (século XIII) do Convento de Santa Clara de Allariz, pechada. Imaxe sedente da Virxe co Neno no colo
Suárez, José, 1902-1974, Fotógrafo
Vista do Campo da Barreira na vila de Allariz, cunha fila de casas ao fondo e, no lado dereito, unha esquina do Convento de Santa Clara. En primeiro plano, un carro do país baleiro. No medio da praza, hai unha malla de centeo, con varios home empregando os mallos; ao lado, unha máquina aventando o gran e varios carros cargados de centeo.
Cartel da promoción do conxunto etnográfico no que se integra o Museo do Coiro, instalado en Allariz