Sáenz-Chas Díaz, Belén, Productora
3 unidade(s) de instalación compartida(s).
Conxunto de fotografías antigas pertencentes á familia, tanto á paterna da cidade da Coruña como da materna, naturais de Ferrol. Outras fotografías son de interese etnográfico
Boletín Oficial da Provincia de A Coruña onde se anuncia a quebra da sociedade mercantil `Pérez y de Andrés`, da que é síndico Ricardo Blanco-Cicerón, entre outros.
Postal que reproduce unha cromolitografía debuxada por Luis Labarta y Grañé e litografada por Magin Pujadas en 1895, ca. Representa a imaxe idealizada dunha muller da provincia da Coruña vestida co chamado `pano de bobiné`, dengue e mantelo vermello con rodos negros e refaixo tamén vermello, calzada con zapatos de taco. No ángulo superior esquerdo, o escudo da Coruña
Ksado, 1888-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Felicitación de nadal de 4 páxinas, 3 delas en branco. Na principal leva a imaxe dunha muller de costas sentada nun banco a carón da lareira, co lume aceso.
Relación de foros feitos por Andrés de la Torre, administrador do Real Priorato de Santa Maria a Real de Sar, por su señoría D. Manuel de Guzmán, sobre os foros non renovados polos seus poseedores. Inclúe listado dos reis de España e o seu período de reinado, para xustificar estes foros (1735-1739).
Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Reprodución fotográfica dun cromo de `Estampas de Galicia` coa vista dunha lareira co lume aceso. A carón da lareira, sentada nun banco de costas ao espectador, hai unha muller cun vestido escuro con lunares brancos e pano da cabeza de cor negra. Pendurados do teito, varios alimentos postos a secar e afumar. Na repisa da cambota, varias botellas e utensilios domésticos.
Recibos da Contribución Territorial por terreos na parroquia de Sofán, no concello de Carballo. A nome de Francisco Añón Añón e Andrés Silveira. Con datas comprendidas entre 1882 e 1900. Inclúe outro recibo manuscrito entre José Vila Añón e Antonio Garda, pola entrega de dous ferrados de trigo.