O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, sobre o pago dunha letra de 32 pesetas a Severino Sánchez, e o envío da cera para a igrexa da Misericordia de Tui.
Comisión dada por Gaspar Dávalos, Arcebispo de Santiago, ao doctor Joan de Verastegui para que investigue un suceso da vila de Pontevedra no que poden estar implicados varios eclesiásticos.
Copia da correspondencia sobre a herdanza do Igrexario de San Martín de Fruime. Adelaida Herreros herda do seu pai, Eduardo Herreros o Igrexario de San Martín de Fruime, coa condición de que o devolva á Igrexa. Inclúe as cartas orixinais.
Expediente persoal de José Ramón Ávila Cueva y Lamas que contén os seguintes títulos e documentos: certificado de bautismo; título de Bacharelato e Licenciado en Teoloxía; graduado en Filosofía; ingreso e beca como Colexial de Fonseca; Doutor en Teoloxía; Canónigo maxistral de Tui; Canonicia electoral da Catedral de Mondoñedo; nomeamento de Arcediano de Bubal; Gobernador eclesiástico, con permiso para exercer de censor da Inquisición.
Gutierrez, Gonzalo, 1883-1972, Fotógrafo . (Tui )
Retrato do arcebispo vestido con hábito coral composto de sotana, roquete e muceta; leva o solideo posto na cabeza e o barrete na man. Está sentado nunha cadeira de brazos e detrás leva un pano de fondo que debuxa unhas dependencias adornadas con mobiliario barroco.