Documentos dunha casa con foro na Algalia de Abaixo de Santiago alugada a Fernando Torrado. A primeira parte é unha descrición da propiedade e da comunidade relixiosa. A segunda parte é un poder do Cabido a José Berdugo para que convenga con Domingo González de Riazós, rexidor de Santiago, o que sexa preciso referente a casa.
Na derradeira páxina hai anotacións do ano 1710.
Relación ben mobles da herdanza de Ricardo Blanco-Cicerón, coa súa valoración económica e distribución dos cinco cupos. Inclúe borrador
Póliza de seguros contra incendios da `La Unión y el Fénix Español` para dez anos dunha casa que Ricardo Blanco-Cicerón ten na rúa Teide da cidade Tui.
Relación xurada das fincas rústicas en arrendo que posúe en Tui Ana del Carmen Núñez, viúva de Tomas Blanco-Cicerón, e o seu fillo Ricardo Blanco-Cicerón, de quen é titora legal.
Subasta pública dunha casa na Rúa Dos Loureiros en Santiago, con único puxante, Gabriel Cabeza Rodríguez. Inclúe auto e providencias do xuíz de 1ª Instancia de Santiago. A folla solta contén a tasación da casa.