Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle de grupo escultórico en composición piramidal; á esquerda figura masculina lixeiramente agachada con capa, coroa e portando un copón (Gaspar); á súa esquerda, figura de pé con turbante, barbado e cun cofre nas mans (Baltasar); no centro de seonllos, figura masculina (Melchor) entregando unha caixa a unha figura feminina sedente (Virxe) e con neno (Xesús) sobre as pernas. Completa a escena, outra figura masculina con barba e caperuza na cabeza (San Xosé) ao lado dereito da muller
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Aguia bicéfala de prata sobre fondo de tecido escuro. Peza moi ornada que descansa sobre tres patas. No centro un texto relixioso en latín rodeado de acios de uvas e espigas de trigo, co dúas cabezas de anxos no centro e entre as da aguia. No medio destas, un escudo central con dous leóns rampantes, un a cada lado, catro torres en cada esquina, no centro dous lobos sobre unha base, un enriba doutro, e superado por coroa
Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista frontal do altar da Catedral de Mondoñedo. Retablo maior, de estilo rococó, con columnas neoclásicas, con dous corpos, o primeiro coa Asunción da Virxe rodeada de anxos e nubes e o segundo representa o misterio da Santísima Trinidade.
Rodríguez Gutiérrez, Constantino, 1879-1947, Fotógrafo . (Lugo )
Vista xeral do altar maior. Retablo de forma cóncava con catro columnas con capiteis compostos, que albergan un camarín cunha custodia. Sobre as columnas un arquitrabe superado por remate cupulado que acolle a representación da Santísima Trinidade entre raios. Á dereita, tres das arcadas apuntadas da xirola da igrexa
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Vista xeral do altar maior da igrexa parroquial de Santa María de Loureda que, sobre unha estrutura de columnas, representa a morte e a ascensión da Virxe. No nivel inferior, a Virxe xacente cos apóstolos, entre este nivel e o superior ascende aos ceos e no superior, Cristo e Deus Pai agardan por ela coa coroa nas mans
Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista xeral de altar-relicario de madeira nunha das naves laterais. Enmarcado por pilastras decoradas con motivos vexetais, arco de medio punto e remate superior de frontón con escudo e pináculos con bolas. O arco alberga, un relicario con dúas portas; cada unha delas, con sete placas decoradas, seis con motivos vexetais e unha figurada. No tímpano, imaxe de San Rosendo, con tiara e báculo.
Rodríguez Gutiérrez, Constantino, 1879-1947, Fotógrafo . (Lugo )
Vista frontal da montaxe realizada no século XVIII de parte do antigo Retablo Maior da Catedral de Lugo, obra de Cornelis de Holanda. Obra en tres niveis: o inferior decorado con motivos vexetais ao redor dunha gran porta; no segundo nivel, 6 fornelas a dúas alturas representan escenas relixiosas da vida de Cristo; no terceiro preside o conxunto unha imaxe central da Virxe co Neno no colo sostendo unha cruz rodeados de anxos, e aos lados os evanxelistas
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista frontal dun grupo escultórico de dúas figuras representando a Anunciación de María, o anxo na dereita e a Virxe, nun scriptorium á esquerda.
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista frontal do anverso da cruz procesional da Igresa de Santa María do Campo de Viveiro. Sobre unha macolla de estrutura arquitectónica gótica hexagonal, con ventás e pináculos, elévase un Cristo crucificado en cruz de prata do século XVI, de forma flordelisada con motivos vexetais platerescos
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Arqueta eucarística da Colexiata de Santa María do Campo sobre fondo de tecido escuro. A arqueta é unha caixa octogonal profusamente ornada con motivos vexetais e anxos. Apóiase sobre catro aguias coas ás despregadas. Coroa o conxunto un Agnus Dei sobre un leito de espigas e acios de uvas
Nuevo López, Juan, Fotógrafo . (Monforte )
Vista frontal dunha arqueta rectangular de cristal de rocha e pedras preciosas, con estrutura de ébano pavonado e damasquinado, do século XVII. Regalo do papa Urbano VIII á fundadora do convento.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Bandexa sobre fondo de tea escura. Vai gravada con escenas bíblicas, dende Adán e Eva no Antigo Testamento, en tres niveis profusamente decorados: no exterior unha escena de guerra na que se aprecian con detalle as tendas de campaña, Judith coa cabeza de Holofernes, exércitos armados, os cañóns e cidades en segundo plano que poden representar o capítulo da batalla pola cidade de Betulia. No círculo seguinte vense numerosas figuras humanas e algún animal, en varias escenas bíblicas separadas por columnas, e no terceiro e máis pequeno, unha cidade cun exército. No centro da bandexa, un escudo con cinco lobos pasantes da familia Lobatón (casa solariega de Medina de Rioseco)
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Pezas sobre fondo de tecido escuro. Base da Cruz de cristal de rocha (século XIII) do Convento de Santa Clara de Allariz, tres anxos sobre unha base decorada co miniaturas pintadas representando varias escenas da vida de Xesús. Copa de prata do século XVI, da Marquesa de Villaverde de Limia, ornada con tres asas en forma de dragón e un sátiro sentado e suxeitando o vaso
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Peza troncopiramidal de prata decorada con miniaturas sobre a vida, repartidas polas tres caras da base. No parte superior, tres figuras orantes de anxos sostendo o arranque cilíndrico da cruz
Nuevo López, Juan, Fotógrafo . (Monforte )
Vista frontal da base do crucifixo anterior con relicario. Sobre base sostida por catro anxos, as reliquias a da dereita de San Tiburcio Mártir, a central San Gelasio Mártir e a da esquerda, ilexible. No nivel superior, nunha fornela, unha pequenha talla dunha figura masculina, sedente, envolta en túnicas e cun libro na man esquerda- A ambos lados, ornatos.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun cadro, no centro, cruz con Cristo Crucificado. Aos pés e de esquerda a dereita: figura da Virxe María, no centro, agachada e abrazando a cruz, María Magdalena, e na dereita e de pé, San Xoán Evanxelista. Na parte superior, dous anxos, un mirando ao fronte e o outro de costas; no centro, outro anxo aos pés da cruz.
Nuevo López, Juan, Fotógrafo . (Monforte )
Vista detalle dun cadro con marco de madeira simple. No centro, composición piramidal, da Virxe Maria con manto oscuro sobre a cabeza, destacando a branca carnación, suxeitando o corpo de Xesús, en disposición diagonal, con pano de pureza e amosando a chaga do costado. Á esquerda dous anxos, recollen o brazo de Cristo, á dereita, outro anxo, porta a coroa de espiños e o tres cravos
Nuevo López, Juan, Fotógrafo . (Monforte )
Vista detalle dun cadro con marco de madeira coa parte superior curva. No centro, composición piramidal, os rostros xuntos das dúas figuras. O busto de Virxe con manto sobre a cabeza e un colar no pescozo, collendo coas mans o corpo do Neno, figura de pé cunha veladura como vestido.
Nuevo López, Juan, Fotógrafo . (Monforte )
Vista xeral dun cadro, óleo sobre cobre, con marco de madeira liso. No centro da composición o corpo de Cristo sen cravos e recollido polos santos varones (José de Arimatea e Nicodemo). Aos pés da cruz, as santas mulleres: Maria Magdalena, besando os pés de Cristo; de costas e de xeonllos (Salomé ou María de Cleofás), xusto a beira da cruz, a Virxe María de xeonllos en actitude orante, e de pé, con longo manto, (Salomé ou María de Cleofás). No lateral dereito, hai dúas figuras masculinas con turbantes e ricas vestiduras.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Calvario sobre unha peaña cunha imaxe relixiosa no interior. Escultura de San Cristovo co Neno no ombreiro. Virxe da Saúde sobre unha peaña