O remitente, familiar de Blanco-Cicerón, agradece unhas copias dun bronce atopado en Ortiguiera e avisa do envío dun agasallo: un reloxo personalizado con moeda e camafeo romanos e mecánica suiza, e uns ídolos de bronce
O remitente, pariente de Ricardo comenta sobre a súa colección de moedas para intercambiar co destinatario, informando que naquela provincia hai moitas moedas antigas
O remitente, familiar de Ricardo, comenta que enviou polo seu curmán Juan Sáenz, unha caixa con varias moedas para intercambio con Blanco-Cicerón e algún obxecto arqueolóxico
O remitente, familiar de Ricardo, comenta sobre medallóns e medallas integrantes da súa colección, entre elas, un estraño medallón de prata de Nicomedia.
O remitente, pariente de Ricardo comenta sobre a recepción dunha bandexa de prata repuxada, unhas vieiras tamén de prata da época dos Reis Católicos; solicita remita unhas moedas gregas e as notas sobre o medallón da Mayenne.
O remitente, pariente de Ricardo Blanco-Cicerón, comenta sobre a perda de Ángel e informa que partirá para Ortigosa de los Caballeros para estar coa familia do falecido. E avisa que cando pase por Madrid irá a unha casa de antigüidades para ver si hai obxectos de interese
O remitente, pariente de Ricardo comenta como están arranxando as cousas de familia en Ortigosa tras a morte de Ángel. Remite a Ricardo unha caixa con moedas e informa sobre a falsedade dun medallón grego de prata `URSONE`
O remitente, pariente de Ricardo comenta sobre a súa colección de moedas e outros obxectos arqueolóxicos: ánforas, urnas funerais, lucernas e hachas. Inclúe un listado coas moedas visigodas que posee divididas polo seus reinados. Felicita a Blanco-Cicerón pola próxima Exposición Rexional Gallega de 1909
O remitente comenta a recepción dunhas armas antigas e lle envía un debuxo para que lle dea a súa opinión.