Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista detalle dun tapiz; no centro da composición, e sedente unha figura masculina con diadema. Á esquerda, figura de home con saia curta (Aquiles) e mirando cara outra figura con helmo que o sinala. Á dereita tres figuras masculinas observan a escena. Nos flancos do tapiz, unha cariátide e un atlante.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro unha figura sedente e outra recostada mirando a un fauno tocando a frauta; á dereita e de costas, figura de neno (Aquiles) tocando un laúde. Nos flancos do tapiz, unha cariátide e un atlante.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro varias figuras de mulleres, unha delas agachada, rebusca nunha caixa; no centro outra figura con roupas femininas e cun casco na cabeza (Aquiles); á esquerda dous homes (Ulises e Diómedes) falan entre sí ao tempo que sinalan á muller co casco. Nos flancos do tapiz, unha cariátide e un atlante.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro catro figuras espidas, dúas mulleres, un home e un neno, todas elas espidas, sostendo un escudo; un pouco máis atras outra figura masculina mostra unha coraza, as armas de Aquiles. Nos flancos do tapiz, unha cariátide e un atlante.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro e agachada unha muller (Tetis) sostendo polo pé a un neno (Aquiles) sumerxido nas augas (Estigia); á esquerda, outra figura feminina co torso nu e cun facho na súa man dereita sobre a cabeza da muller. Ao fondo vista dunha cidade amurallada. Nos flancos do tapiz, unha cariátide e un atlante
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral de dous cadros. Na esquerda representación grupal onde destaca a figura central dun mozo con saia curta, coraza e cabelos rizados, moi semellante a outro mozo de seonllos e escribindo. Na dereita, figura recostada de home, barbado e cunha xerra da que brota auga, a mais o que semella unha loba cos dous bebes humanos entre as patas.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro da composición, unha parella, ela sedente apoiada nunha árbore, e el de xeollos, coa man esquerda cara arriba; no plano superior, unha figura alada entre raios de lus. Nos flancos do tapiz, unhas cariátides, unha vestida e outra núa.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro da composición, unha figura masculina de xeonllos con saia curta e coraza, mirando cara a dereita, onde hai tres figuras. No centro, unha muller ricamente vestida con tocado de plumas, aos lados, sendos homes, un novo e de longos cabelos. Ao fondo un arco de triunfo. Nos flancos do tapiz, unhas cariátides, unha vestida e outra núa.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro dúas figuras, á esquerda e de xeonllos un home agarrando pola cintura aá figura feminina do centro cun tocado de plumas e un longo caxato; á dereita, e de costas, un anxo e un can. Nos flancos do tapiz, unha cariátide vestida e outra espida
Vista detalle dunha figura masculina sobre unha base rectangular. Imaxe de pé, espida, leva a súa man esquerda levantada e a dereita sobre a cadeira; sobre a cabeza un sombreiro con á.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista detalle dun tapiz coa representación dunha celebración. Á esquerda destaca unha parella sedente, no centro un mozo que fala ao oido dunha moza tocando o piano cunha lenda. Á dereita, unha muller sedente tocando o láude, e outra parella, o home de costas. Nos flancos do tapiz, unha cariátide vestida e outra espida
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro franqueados por catro talos de vide, están tres figuras de nenos espidos unha cesta con acios. Nas frondosas ramas das vides outros sete nenos tamén nus recollen as uvas. Na esquerda, grupo de cinco nenos falan entre eles; á dereita dous máis con acios nas mans
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral de tres cadros: á esquerda, o dunha muller sedente (Psique/Aurora), co torso espido, con longos cabelos e portando na man dereita unha botella; no centro representación do Calvario de Cristo no monte Gólgota, cos tres crucificados, e dúas figuras enfrentadas a cabalo na zona central; e á dereita, cadro, con figura de home collendo cos brazos a cabeza dun home con cornos e corpo de cabalo