Registros encontrados: 8 Total Páginas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.09 - José María Castroviejo Blanco-Cicerón
01.08.09.01 - Documentos persoais

1925, ca.
1 folla(s). 16 x 22 m.

En: 01.08.09.01 - Documentos persoais

Debuxo dun carro baixo un pendello

FamAC/Caixa-192//010
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.96 - Xaquín Lorenzo Fernández
03.06.96.02 - Fotografías etnográficas, arqueolóxicas e outras

Suárez, José, 1902-1974, Fotógrafo
1930 / 1935
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 120 x 181 mm.

En: 03.06.96.02 - Fotografías etnográficas, arqueolóxicas e outras

Vista dunha casa de aldea con elementos construtivos en perpiaño, paredes de cachotería e cubertas de tella. A casa ten un pequeno corredor, con barandilla de madeira, accesible desde o exterior por unha escada de pedra. Pegada á casa hai un alpendre con palleira no andar superior, á que se accede por unha escada de pedra exterior. Na escada hai dúas nenas e un neno. Diante do alpendre, un carro do pais.

XLF/Foto-29//18
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.01 - Colección postais.

1 postal Positivo en branco e negro 90 x 138 mm

En: 01.29.01.01 - Colección postais.

Dous carros do país tirados por xugadas de vacas con xugos de canga; ambos carros levan o canizo de varas postos entre os estadullos. Nun dos carros hai dous homes, un con pucha e chaqueta con remontas e outro con gorra e blusón castelán. Guiando as xugadas, a moza da postal URP/Postal-02//0735 e o rapaz da postal URP/Postal-02//0736

URP/Postal-02//0341
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.96 - Xaquín Lorenzo Fernández
03.06.96.02 - Fotografías etnográficas, arqueolóxicas e outras

Suárez, José, 1902-1974, Fotógrafo
1930 / 1935
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 120 x 181 mm.

En: 03.06.96.02 - Fotografías etnográficas, arqueolóxicas e outras

Vista do Campo da Barreira na vila de Allariz, cunha fila de casas ao fondo e, no lado dereito, unha esquina do Convento de Santa Clara. En primeiro plano, un carro do país baleiro. No medio da praza, hai unha malla de centeo, con varios home empregando os mallos; ao lado, unha máquina aventando o gran e varios carros cargados de centeo.

XLF/Foto-29//19
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

1890 / 1900
1 fotografía(s). Cabinet Positivo en branco e negro 135 x 103 mm. sobre cartón de 140 x 110 mm

En: 03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

Retrato dunha moza vestida de galega con cofia, dengue con rodo de veludo sobre camisa branca e mantelo con veludo e varias tiras de agremán. Baixo o mantelo vese a parte inferior dunha saia de moda internacional. Na man dereita leva unha vara e na esquerda suxeita a corda dunha xugada de vacas con xugo de canga. Ao fondo, un muro de perpiaño.

FSC/Foto-28//24
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.01 - Colección postais.

1 postal Positivo en branco e negro 139 x 91 mm

En: 01.29.01.01 - Colección postais.

Moza cunha aguillada nunha man e unha corda na outra que vai atada aos cornos dunha xugada de vacas; detrás, outra xugada con xugo de canga. A moza vai vestida con pano da cabeza, unha chambra de raias cun manto cruzado por riba, un refaixo e un mandil e calzada con zocos.

URP/Postal-02//0336
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.01 - Colección postais.

1 postal Positivo en branco e negro 138 x 88 mm

En: 01.29.01.01 - Colección postais.

Rapaz cunha aguillada na man diante dunha xugada de vacas; á dereita, un carro co canizo posto. Viste con chapeu, blusón castelán sobre chaleco e camisa, pantalón longo e zocos.

URP/Postal-02//0337
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
1922 / 1930
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 162 x 114 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Reprodución fotográfica dun cromo de `Estampas de Galicia` coa vista dunha rúa empedrada pola que pasa un carro do pais tirado por unha parella de bois xunguidos por un xugo de canga de bregueiros. O carro leva os ladrás postos entre os estadullo e sobre o chedeiro vai unha moza vestida con pano da cebza e camisa brancas. Detrás, varias casas entre medianeiras, a máis grande con corredor no andar, con barandilla de madeira.

CFX/Foto-29//35
Página: 1/1