Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Escultura dun San Xoán Bautista sobre fondo negro.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato dun grupo numeroso de persoas diante do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Todas as persoas asistentes a homenaxe ao escultor Francisco Asorey con motivo do seu triunfo na Exposición Nacional de Belas Artes. Asorey está na parte media do grupo, hacia á dereita, vestido con traxe de chaqueta e gravata de lazo, cun canotier na man. No lado esquerdo hai un gaiteiro coas mans postas no punteiro da gaita e co soprete na boca. Preto do gaiteiro e un pouco máis arriba están tres coñecidos médicos composteláns: Manuel Villar Iglesias, Alejandro Rodríguez Cadarso e José Puente Castro.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida de escuro ao estilo da belle epoque. Leva o pelo recollido nun moño na parte superior da cabeza. O corpo do traxe é axustado e de colo alto; a faldra vai adornada cun bordado de aplicación negro na parte baixa e nun lateral. Leva as mans agarradas á altura da cintura, co seu brazo dereito apoiado nunha especie de cómoda neogótica cun espello na parte superior. Detrás, un pano de fondo cunha parede cun zócalo panelado e unha columna.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
En formato vertical, retrato infantil, de corpo enteiro, de pé e frontal. A nena leva vestido branco ata os pés, con calcetíns e zapatos tamén brancos, cabelos longos medio recollidos; ten o brazo dereito apoiado no asento dunha caderia. Fondo pintado.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato dun neno de raza negra de corta idade, vestido de escuro cunha chaqueta longa e pantalón curto, medias a raias e botas. Leva súa man dereita apoiada no respaldo dunha cadeira de madeira torneada, con asento e parte alta do respaldo tapizados. Detrás, un pano de fondo cunha varanda apenas visible.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Busto feminino en 3/4 á esquerda dunha muller co pelo recollido na parte posterior da cabeza. Viste unha chambra negra de colo alto adornado con agremán bordado e cun gran volante bordado sobre o peito.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida de negro ao estilo da belle epoque. Leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza. O corpo do traxe é axustado, con mangas mixtas, moi voluminosas no brazo e axustada no antebrazo. Leva as mans agarradas á altura da cintura, co seu brazo dereito apoiado nunha especie de cómoda neogótica cun espello na parte superior. Detrás, un pano de fondo cunha parede cun zócalo panelado.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida de escuro ao estilo da belle epoque. Leva o pelo recollido nun moño na parte superior da cabeza. O corpo do traxe é axustado, adornado con satén no colo, na abertura e nos puños; a faldra vai adornada no dianteiros cunha peza de damasco. Leva as mans agarradas á altura da cintura, co seu brazo dereito apoiado nunha especie de cómoda neogótica cun espello na parte superior. Detrás, un pano de fondo cunha parede cun zócalo panelado.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato de busto dunha muller co pelo peiteado para atrás, cun tupé na parte alta de fronte. Vai vestida de escuro cun corpo dun traxe adornado con agremán bordado nas lapelas e no colo, debuxando rombos.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato de corpo enteiro dun home de pelo e barba curtos, vestido cun traxe escuro de chaqueta e pantalón longo. Leva o seu brazo dereito apoiado no respaldo dunha cadeira isabelina con respaldo de medallón. Detrás, unha paredes panelada.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
En formato circular, retrato masculino de busto, frontal. O home viste traxe escuro, camisa branca con gravata e gabán, con pano branco no peto. Ten os cabelos curtos e peiteados coa raia a un lado, e gran bigote. A fotografía ten sinatura e datas manuscritas.