Saturnino Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre as primas e tíos da rama familiar dos Villarino, e tamén sobre a situación política da Arxentina e España. Da razón de boa saúde dos seus irmáns, Benigno e José Félix.
Saturnino Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage as súas impresions sobre a situación político-económica da Arxentina e España.
Saturnino Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre cambios de domicilio e a súa intención, e a do seu irmán Benigno, de ir coa súa familia a vivir a España nunhos anos, se a situación económica llo permite.
Saturnino Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre o cobro dunha débeda que tiña Pedro Mallo con el, e tamén sobre a situación política e económica da Arxentina e España.
Saturnino Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre o seu regreso a Concordia (provincia de Entre Ríos, Arxentina) de volta de España, un negocio e os seus planes de futuro para irse a Montevideo. Tamén lle pregunta se sabe quen é Celestino Soage del Campo que se puxera en contacto con el, máis descoñece quen é.
Saturnino Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre un encontro co seu parente Pedro Mallo e a emisión dunhas letras de cambio en España para a filla deste, Irene.
Saturnino Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre unha inversión en España e a súa intención de establecerse pronto en Barcelona. Menciona que comentou con Joaquín Acuña Soage a posible reclamación da herdanza de José Andrés Soage, pero que non lle contestou, así que non ven claro seguir co asunto.
Saturnino Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre a dificultade que este podería ter ao reclamar a herdanza que lle toca tralo pasamento do seu irmán José A. Soage, xa que hai persoas influíntes con quen tiña débedas. Comenta, entre outros asuntos, a posible viaxe do seu irmán José Félix a España tras 27 anos en Arxentina e a complicada situación económica de Arxentina.