Foto Alfonso, Fotógrafos (Madrid) Sánchez García, Alfonso Sánchez Portela, Alfonso
Retrato dunha nena de 16 meses de pelo curto cun vestido branco estampado con florciñas. Está no colo da súa nai que leva o pelo ondulado e un vestido claro cun amplo colo negro.
Foto Alfonso, Fotógrafos (Madrid) Sánchez García, Alfonso Sánchez Portela, Alfonso
Retrato dunha parella nova, ambos de medio corpo, vestidos de escuro e coas cabezas xuntas. Á esquerda está o home, de pelo curto e imberbe; á dereita, a muller cun vestido con escote en V pronunciado e co pelo recollido na parte inferior da cabeza.
Foto Alfonso, Fotógrafos (Madrid) Sánchez García, Alfonso Sánchez Portela, Alfonso
Retrato dun bebé de curta idade deitado boca abaixo sobre dous coxíns e apoiado sobre outro coxín máis pequeno, a xeito de almofada. Leva unha chambra branca sen mangas e vai espido de cintura para abaixo. A fotografía vai pegada sobre un cartón e presentada nun cartafol en forma de sobre.