01. Chegada, á recepción do Museo, do Ministro de Cultura, Pío Cabanillas Gallas, e do Alcalde de Santiago, Antonio Castro García, situados en primeiro plano. Detrás, varios membros do Padroado do MPG: de esquerda á dereita, Salvador García Bodaño, Justo Beramendi González, Rafael Baltar Tojo e Xerardo Fernández Albor. Máis atrás, Antonio Fraguas Fraguas.
02. Comitiva dirixíndose ao Auditorio polo Claustro de Bonaval. De esquerda a dereita: Antonio Castro García, alcalde de Santiago, Rafael Baltar Tojo, Pío Cabanillas Gallas, ministro de Cultura, descoñecido e Xaquín Lorenzo Fernández, presidente do Padroado. Detrás, Antonio Fraguas Fraguas, Salvador García Bodaño e Justo Beramendi González.
03. Comitiva dirixíndose ao Auditorio polo Claustro de Bonaval. De esquerda a dereita: Antonio Castro García, alcalde de Santiago, Pío Cabanillas Gallas, ministro de Cultura, e Agustín Sixto Seco entre dous descoñecidos. Detrás, Luciano García Alén, Xaquín Lorenzo Fernández, Xosé Mª Álvarez Blázquez e Xosé Filqueira Valverde
04. Comitiva entrando ao Auditorio do Museo. De esquerda a dereita: Xosé Filqueira Valverde, Antonio Fraguas Fraguas, descoñecido. Antonio Castro García, Pío Cabanillas Gallas, Rafael Baltar Tojo e Xaquín Lorenzo Fernández.
05. Membros do Padroado e público asistente ao acto
06. Intervención do Presidente do Padroado do MPG, Xaquín Lorenzo Fernández. Na mesa, entre dous descoñecidos, Pío Cabanillas Gallas e Antonio Castro García.
07. Intervención do Presidente do Padroado do MPG. De esquerda a dereita, Xaquín Lorenzo Fernández (de pé); descoñecido, Pío Cabanillas Gallas, Antonio Castro García, descoñecido, Rafael Baltar Tojo e descoñecido.
08. Aperta de mans entre Xaquín Lorenzo Fernández, Presidente do Padroado, e Pío Cabanillas Gallas, Ministro de Cultura.
09. Xaquín Lorenzo, de pé, durante a súa intervención. Sentados, de esquerda a dereita: Xosé Mª Álvarez Blanzquez, Antonio Fraguas Fraguas, descoñecido, Pío Cabanillas Gallas, Antonio Castro García, descoñecido, Rafael Baltar Tojo, Descoñecido, Ramón Piñeiro
10. Intervención de Pío Cabanillas Gallas, Ministro de Cultura
11. Antonio Fraguas Fraguas, Xaquín Lorenzo Fernández, descoñecido, Pío Cabanillas Gallas, Antonio Castro García, descoñecido e Rafael Baltar Tojo de pé cantando o himno galego.
12-13-14-15. Carlos García Martínez, acompañado polos membros do Padroado, dando explicacións a Pío Cabanillas na sala de Cestaría
16. Retrato de grupo dos membros do Padroado presentes no acto de inauguración do MPG