01. Chegada, á recepción do Museo, do Ministro de Cultura, Pío Cabanillas Gallas, e do Alcalde de Santiago, Antonio Castro García, situados en primeiro plano. Detrás, varios membros do Padroado do MPG: de esquerda á dereita, Salvador García Bodaño, Justo Beramendi González, Rafael Baltar Tojo e Xerardo Fernández Albor. Máis atrás, Antonio Fraguas Fraguas.
02. Comitiva dirixíndose ao Auditorio polo Claustro de Bonaval. De esquerda a dereita: Antonio Castro García, alcalde de Santiago, Rafael Baltar Tojo, Pío Cabanillas Gallas, ministro de Cultura, descoñecido e Xaquín Lorenzo Fernández, presidente do Padroado. Detrás, Antonio Fraguas Fraguas, Salvador García Bodaño e Justo Beramendi González.
03. Comitiva dirixíndose ao Auditorio polo Claustro de Bonaval. De esquerda a dereita: Antonio Castro García, alcalde de Santiago, Pío Cabanillas Gallas, ministro de Cultura, e Agustín Sixto Seco entre dous descoñecidos. Detrás, Luciano García Alén, Xaquín Lorenzo Fernández, Xosé Mª Álvarez Blázquez e Xosé Filqueira Valverde
04. Comitiva entrando ao Auditorio do Museo. De esquerda a dereita: Xosé Filqueira Valverde, Antonio Fraguas Fraguas, descoñecido. Antonio Castro García, Pío Cabanillas Gallas, Rafael Baltar Tojo e Xaquín Lorenzo Fernández.
05. Membros do Padroado e público asistente ao acto
06. Intervención do Presidente do Padroado do MPG, Xaquín Lorenzo Fernández. Na mesa, entre dous descoñecidos, Pío Cabanillas Gallas e Antonio Castro García.
07. Intervención do Presidente do Padroado do MPG. De esquerda a dereita, Xaquín Lorenzo Fernández (de pé); descoñecido, Pío Cabanillas Gallas, Antonio Castro García, descoñecido, Rafael Baltar Tojo e descoñecido.
08. Aperta de mans entre Xaquín Lorenzo Fernández, Presidente do Padroado, e Pío Cabanillas Gallas, Ministro de Cultura.
09. Xaquín Lorenzo, de pé, durante a súa intervención. Sentados, de esquerda a dereita: Xosé Mª Álvarez Blanzquez, Antonio Fraguas Fraguas, descoñecido, Pío Cabanillas Gallas, Antonio Castro García, descoñecido, Rafael Baltar Tojo, Descoñecido, Ramón Piñeiro
10. Intervención de Pío Cabanillas Gallas, Ministro de Cultura
11. Antonio Fraguas Fraguas, Xaquín Lorenzo Fernández, descoñecido, Pío Cabanillas Gallas, Antonio Castro García, descoñecido e Rafael Baltar Tojo de pé cantando o himno galego.
12-13-14-15. Carlos García Martínez, acompañado polos membros do Padroado, dando explicacións a Pío Cabanillas na sala de Cestaría
16. Retrato de grupo dos membros do Padroado presentes no acto de inauguración do MPG
01. Rolda de prensa da presentación da exposición "De Rosalía a Castelao: Galicia". Sentados ante unha mesa sobre a que está o cartaz da exposición, Iago Seara, Raquel Casal García como Directora Xeral de Patrimonio Artístico e Monumental, Justo Beramendi González, Carlos García Martínez e xornalistas.
02. Visita a exposición durante a inauguración coa presencia de Teresa Castelao, Xerardo Fernández Albor, Presidente da Xunta de Galicia e Xaquín Lorenzo Fernández, Presidente do Padroado do MPG.
03. Outro momento da visita durante a inauguración con Xerardo Fernández Albor acompañado de membros do Padroado e de público.
Reunión de varios membros do Museo do Pobo Galego na sede de El Correo Gallego para preparar a celebración do Primeiro Congreso Europeo do Hórreo, que tivo lugar nas dependencias do museo do 24 ao 26 de outubro de 1985
Intervención de Xerardo Pereira Menaut, de pé no atril, durante a sesión inaugural do encontro no auditorio do museo. Na mesa, sentados, Felipe Arias Vilas, Carlos García Martínez e Carlos Alberto Ferreira de Almeida.
Foto Lalo
01. Don Antonio Fraguas, Presidente do Padroado, estreitando a man dun dos representantes de Caixavigo. Ao seu carón, Carlos García Martínez, director, e Mª Xosé Fernández Cerviño, secretaria.
06. Sentados ao redor da mesa, dous representantes da entidade bancaria e Antonio Fraguas Fraguas e Carlos García Martínez
02. Don Antonio Fraguas e Carlos García Martínez sentados na mesa con dous representantes da entidade bancaria
03. Don Antonio Fraguas e o representante de Caixavigo co convenio diante para asinar
04. O representante de Caixavigo asinando o convenio
05. Don Antonio Fraguas asinando o convenio
01. Chegada de Mario Soares que é recibido por Monseñor Rouco Varela ante a mirada de Manuel Fraga.
02. Rouco Varela saudando a Manuel Fraga; detrás Xosé Carro Otero estreitando a man de Mario Soares acompañado da súa dona María Barroso.
03. Rouco Varela estreitando a man de María Barroso
04. Don Antonio Fraguas, Manuel Fraga e Rouco Varela; detrás, Xosé Carro con Mario Soares
05. Don Antonio Fraguas estreitando a man de Manuel Fraga
06. Don Antonio Fraguas bicando a man de María Barroso
07-08. Entrada ao museo de todas as autoridades e comitiva
09. María Barroso e Mario Soares entrando no Claustro do Museo acompañados por Don Antonio Fraguas. Mario Soares estreita a man dunha persoa do público asistente
10-11. Mario Soares, Manuel Fraga e Don Antonio Fraguas perante o sepulcro de Castelao
12. Grupo musical no altar da Igrexa de Bonaval despois da súa actuación
13. Mario Soares e María Barroso saudando a un dos músicos
14-15. Mario Soares e María barroso visitando unha exposición temporal no andar do claustro do museo acompañados de Don Antonio Fraguas e Manuel Fraga
16-17. Mario Soares e María Barroso tomando un viño con Manuel Fraga no claustro baixo do museo
18. Mario Soares asinando no Libro de Ouro do MPG ante a presenza de Don Antonio Fraguas
19. María Barroso asinando no Libro de Ouro do MPG ante a presenza de Don Antonio Fraguas
20. Mario Soares recibindo un lote de publicacións do museo de Carlos García Martínez