Total: 3 Páginas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.95 - Museo do Pobo Galego
03.06.95.02 - Actos

Fotos Novoa, Fotógrafos
1992
22 fotografía(s) Positivo en cor 150 x 202 mm.

En: 03.06.95.02 - Actos

Reportaxe do acto oficial de entrega das obras de rehabilitación do soto (antigo parque de Bombeiros) a cargo da empresa J. Malvar S.A., con recepción na actual Biblioteca Baltar (Salón Verde) e visita á nova sala da ala norte de Bonaval coas obras xa rematadas.

01. Thais de Picaza, Presidenta de Construcións J. Malvar, asina no Libro de Ouro do Museo; ao seu carón Antonio Fraguas Fraguas, Presidente do Padroado do Museo. A ambos lados, os membros do Padroado Carlos Valle Pérez, Luciano García Alén, Xosé Filgueira Valverde, Clodio González Pérez (de pé), Manuel Caamaño Suárez e Xosé Fernández.

02-05. Thais de Picaza recibe de Antonio Fraguas á figura do Xohan Tuorum, regalo institucional do Museo. A ambos lados, membros do Padroado.

06. Luciano García Alén falando con Antonio Fraguas Fraguas

07. Varios membros do Padroado sentados á mesa durante o acto: Antonio Rodríguez Fraiz, Isaac Díaz Pardo, Xosé Antón Gómez Segade, Rafael Baltar Tojo, ¿?, Francisco Calo Lourido e Xosé Ramón Fandiño Veiga

08. Thais de Picaza con Luciano García Alén e Isaac Díaz Pardo na nova sala do soto da ala norte de Bonaval

09-10. Thais de Picaza e Antonio Fraguas Fraguas apertándose as mans.

11. Thais de Picaza e Luciano García Alén partillando na nova sala rehabilitada.

12. Thais de Picaza con Xosé Filgueira Valverde e Antonio Fraguas Fraguas. Detrás, Iago Seara, Rafael Baltar e Francisco Río Barxa

13. Xosé Antón Gómez Segade, Thais de Picaza, Rafael Baltar Tojo, Francisco Río Barxa, Xosé Filgueira Valverde e Luciano García Alén na nova sala rehabilitada

14. Thais de Picaza e membros do Padroado visitando as novas obras.

15. Fernando Acuña Castroviejo, Xosé Antón Gómez Segade, Thais de Picaza, Iago Seara, Xosé Lino Vázquez-Monxardín, Clodio González Pérez, Francisco Calo Lourido, Luciano García Alén, Francisco Río Barxa, Salvador García-Bodaño, Antonio Rodríguez Fraiz e Lino Lema Bouzas, na nova sala.

16. Fernando Acuña Castroviejo, Xosé Antón Gómez Segade, Thais de Picaza, Iago Seara, Xosé Lino Vázquez-Monxardín, Clodio González Pérez, Francisco Calo Lourido, Luciano García Alén, Francisco Río Barxa, Salvador García-Bodaño, Carlos García Martínez, Antonio Rodríguez Fraiz e Lino Lema Bouzas, na nova sala.

17. Thais de Picaza sinala un detalle da rehabillación á Xosé Antón Gómez Segade; á esquerda, Fernando Acuña Castroviejo e Luciano García Alén; á dereita, Iago Seara, Xosé Lino Vázquez-Monxardín e, de costas cun cigarro na man, Carlos García Martínez.

18. Fernando Acuña Castroviejo e Xosé Antón Gómez Segade con Thais de Picaza; detrás, Xosé Lino Vázquez-Monxardín. Á dereita: Rafael Baltar Tojo, Francisco Río Barxa, Luciano García Alén e Xosé Filgueira Valverde partillando.

19. Antonio Fraguas Fraguas, Luciano García Alén e Isaac Díaz Pardo na sala do soto da ala norte de Bonaval. Detrás, Carlos García Martínez, Manuel Caamaño Suárez, ¿?, Lino Lema Bouzas, Antonio Rodríguez Fraiz e Xosé Fernández.

20. Thais de Picaza con Antonio Fraguas Fraguas; detrás, Iago Seara, Rafael Baltar Tojo e Salvador García-Bodaño

21. Thais de Picaza acompañada de Luciano García Alén na saída do acto polo claustro baixo de Bonaval

21. Thais de Picaza falando con Xosé Filgueira Valverde, Antonio Fraguas Fraguas, Francisco Río Barxa e Rafael Baltar Tojo na sala do soto da ala sur

MPG/Foto-100//04
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.95 - Museo do Pobo Galego
03.06.95.04 - Exposicións

Lobato, Xurxo, 1956-, Fotógrafo
1999-12-16
10 fotografía(s) Positivo en cor 130 x 180 mm.

En: 03.06.95.04 - Exposicións

01-03. Acto de inauguración da exposición con intervención dos e das fotoxornalistas participantes na exposición, coa presencia por parte do museo, do patrón. Rafael Baltar Tojo

04. Imaxe do acto de inauguración co personaxe "Zapatones" de costas no primeiro plano

05. Os patróns do museo Luciano García Alén, Rafael Baltar Tojo e Clodio González Pérez

06. Aurichu Pereira e Xosé Manuel Beiras Torrado charlando con Rafael Baltar Tojo

07. Domingo Bello Janeiro, catedrático de Dereito Civil, Javier Otero Llovo, xornalista de Radio Galicia-Cadena Ser e Dositeo Rodríguez Rodríguez, concelleiro do PPdeG de Santiago de Compostela.

08-10. Público asistente á mostra

MPG/Foto-101//23
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.95 - Museo do Pobo Galego
03.06.95.04 - Exposicións

1993-03-31
2 fotografía(s) Positivo en branco e negro 120 x 180 mm.

En: 03.06.95.04 - Exposicións

01. Don José López Calo, Don Antonio Fraguas, o representante da Fundación Barrié de la Maza e Don Xosé Filgueira Valverde no acto de presentación da mostra.

02. Vista da exposición con públicos. Á esquerda, charlando, Luciano García Alén, Don Antonio Fraguas, Don Xosé Filgueira Valverde e o representante da Fundación Barrié de la Maza

MPG/Foto-101//16
Página: 1/1