O inspector-secretario certifica sobre a `buena conducta moral, pública y privada` de Darío Acuña Lagos, para presentar no consulado de Venezuela en Vigo.
O xefe do rexistro central de penados e rebeldes, certifica a ausencia de datos penais de Darío Acuña Lagos, para a expedición do pasaporte.
O Colexio Médico de Pontevedra, certifica a ausencia de enfermidade ou defecto físico algún, así como vacinas recibidas de Darío Acuña Lagos. Inclúe unha fotografía de carné en branco e negro.
Permiso internacional de circulación cos datos persoais e fotografía do titular.
O notario de Pontevedra, José Ignacio González del Valle LLaguno, certifica a profesionalidade de Darío Acuña Lagos, como profesor axudante de clases prácticas da asignatura de medicina legal, previamente certificado polo secretario e decano da Universidade de Santiago.