O remitente informa do acordo entre Francisco Pazos e a Diputación para que a súa colección particular pase ao Museo Provincial, sendo Marcelo Macías e o propio Alonso os encargados de valorar os fondos
O remitente comunica que houbo problemas coas autorizacións para acreditar obras na tasación da colección Francisco Pazos.
O remitente solicita a Blanco-Cicerón que estea na súa casa nunha data concreta para poder coincidir con Benito Fernández Alonso.
O remitente pide a Blanco-Cicerón que lle diga a canto ascenden os gastos ocasionados polo asunto da colección e o Museo para reembolsar o diñeiro
O remitente solicita a Blanco-Cicerón que o visite e coincida con Benito Fernández Alonso para proceder á tasación da colección e asistir á xuntanza coa Diputación cunha valoración dos fondos para o Museo. Alude a unha carta de Alonso que adxunta a súa
O remitente pregunta a Blanco-Cicerón se atopou pezas e moedas para intercambiar por uns esmaltes e unha Virxe de acibeche, ou se prefire mercar e non trocar
O remitente pregunta a Blanco-Cicerón se está interesado en intercambiar algún `hierro` por unha alfombra para algunha das habitacións da casa de Ricardo
Nota manuscrita de Ricardo `Ldª 9/11/12`
O remitente comunica a Ricardo Blanco-Cicerón o malestar de dous comisionados da provincia de Pontevedra por non recibir informacións do Comité da Exposición Regional Gallega de 1909.
O remitente explica a Ricardo Blanco-Cicerón os desencontros de último momento por parte de Casto Sampedro que impediron a actuación prevista de Benito Fernández Alonso, e que a Deputación decidiu outro protocolo para proceder
O remitente ofrece en venda a Blanco-Cicerón unha alfombra, e tamén casullas e tecidos
O remitente comunica a súa aceptación como corresponsal da sección de arqueoloxía para a Exposición Regional Gallega de 1909, e oferta todos os obxectos do seu museo
Escritura da venda dunha casa na rúa Imperial de Vigo entre María Rosa de Pazos e Manuel Arribas a Francisco, Ventura, Ramona e María Núñez Salgueiro, ante o notario Buenaventura Álvarez del Quintanal. Inclúe os recibos dos pagos dos arrendos de 1853, 1854 e 1855 e do laudemio de 1856.
No anverso, impresos o nome, o enderezo (Arco, 21) e lugar (Pontevedra) do titular. O reverso en branco.