Carta de Bargiela, Posada, López & Cía. comunicando a súa constitución como sociedade mercantil comanditaria adicada a almacén ao por maior de comestibles e bebidas en Bos Aires. Sociedade formada por Tomás Bargiela, José M. Posada, Julio López Alfao, Rafael Fresno e José Fresno.
E. Muñoz y Guillén agradece a Ricardo Blanco-Cicerón o seu informe sobre José Romay Barral.
Por indicación de Tomás Bargiela, E. Muñoz y Guillén escribe a Ricardo Blanco-Cicerón pedindo referencias sobre José Romay Barral, de Pontevedra, xa que está recibindo unha pensión da mutua e queren saber se a precisa realmente polo seu estado de saúde.
Por indicación de Tomás Bargiela, E. Muñoz y Guillén escribe a Ricardo Blanco-Cicerón pedindo referencias sobre Alejandro González Salgado, de A Coruña, xa que está recibindo unha pensión da mutua e queren saber se a precisa realmente.
Isabel Urioste de Mallo escribe a Joaquín Soage sobre a débeda que tiña o seu home, Pedro Mallo, con el a conta da filla de ambos, Irene. Tamén comenta que existe a posibilidade dun negocio inmobiliario co goberno arxentino, e postergará unha viaxe a Europa ata que o resolva.
Isabel Urioste de Mallo escribe a Joaquín Soage sobre o pago dunha débeda que tiña o seu home, Pedro Mallo, con el, tamén sobre as xestións de compras de casas que están facendo na familia e a mellora da situación económica de Arxentina.
Joaquín Bargiela Nuñez, primo de Ricardo Blanco-Cicerón, escribe desde Arxentina para saludar á familia.
Joaquín Bargiela Nuñez, primo de Ricardo Blanco-Cicerón, comenta o retorno do seu irmán Tomás Bargiela trala súa viaxe a Europa e a visita á familia.
José A. Soage escribe ao seu irmán Joaquín Soage comentando a estabilidade política de Arxentina fronte ao sucedido en España coa Revolución de 1868, sinalando que poido ser moito peor.
José A. Soage escribe ao seu irmán Joaquín Soage sobre varios asuntos: a súa saúde, unhas cartas que lle remite por un terceiro, a ausencia de novas da irmá dos dous e a situación política de Arxentina co Brasil, entre outros temas.
José A. Soage escribe ao seu irmán Joaquín Soage sobre a situación política inestable de A Habana, desaconsellando que viaxe a Cuba por este motivo, a pesar dos negocios e as relacións sociais que ten na zona.
José A. Soage escribe ao seu irmán Joaquín Soage a situación política tanto en Arxentina como en España.
José A. Soage escribe ao seu irmán Joaquín Soage a súa opinión sobre a situación en España coa Primeira República, e o momento que se está a vivir en Arxentina con López Jordán en escena, e menciona tamén a marcha dos negocios na crise monetaria do país.
José A. Soage escribe ao seu irmán Joaquín Soage sobre a súa mala saúde que foi tratar a Entre Ríos e un negocio de venda de cabalos ao exército da Revolución nese territorio, e que non se levou a cabo, entre outros asuntos.
José A. Soage escribe ao seu irmán Joaquín Soage sobre varios asuntos: o pasamento de Daniel Soage, un primo de Cangas, varias persoas de paso por Bos Aires, a chegada de Prendes (un recomendado de Joaquín) e os seus negocios.
José A. Soage escribe ao seu irmán Joaquín Soage sobre un premio de 50.000 dólares que lle tocou a este e que tería que recoller en A Habana. Tamén comenta a situación política en España con Amadeo I de Saboia e o goberno republicano, e de paso o revolución de Entre Ríos que vivíu Arxentina
José Félix Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre o prezo do ouro e a situación político-económica da Arxentina e España.
Marcial Álvarez comenta con Ricardo Blanco-Cicerón os negocios de Tomás Bargiela (primo de ambos), e tamén unha segunda viaxe que el mesmo está planeando facer a Vichy.
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa das xestións para o arrendo das fincas de Bladráns unha vez morrera o caseiro Manuel Besada, estando o seu fillo no arrendo. Tamén comenta da chegada dun medicamento desde Bos Aires.
Nota manuscrita de Ricardo `Lª 28/3`
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa sobre o arrendo das fincas de Baldráns a Francisco Besada por 37 ferrados de millo. E pregunta polos medicamentos chegados de Bos Aires.