Plano xeral dun edificio de madeira construído sobre pilotes nunha praia. O edificio consta dun pavillón central poligonal e de dúas longas galerías a cada lado, remantando noutros pavillóns cuadrangulares.
Vista xeral da ringleira para tomar as augas da fonte do Troncoso, no balneario de Mondariz.
Informe de Rafael Sáenz Díez para que se clausuren os manantiais do Balneario dos Irmáns Barreiro por dous motivos: ter a súa orixe nos excedentes das augas do Hotel e Balneario da Virxe do Castro, e ser un risco para a saúde pola filtración das augas das letrinas das casas pretas.
Pardo Campos, Luisa, 1867-1926, Fotógrafa . (Mondariz)
Retrato dun grupo numeroso no lateral do Balneario de Mondariz, no que hai mulleres, homes, nenas e nenos. No primeiro plano hai un mozo recostado no chan; detrás, dúas filas de mulleres sentadas a diferentes altura; ao redor, dúas filas de homes e mulleres de pé, tamén a diferentes alturas. Todas as persoas van vestidas á moda.
Pardo Campos, Luisa, 1867-1926, Fotógrafa . (Mondariz)
Retrato de tres sacerdotes sentados no chan nun monte. Os tres levan o pelo moi curto e van vestidos con abrigos, sotanas e colos ríxidos e cun paraugas na man cada un deles. Diante, hai unha tella de cura sobre as un xornal.
Pardo Campos, Luisa, 1867-1926, Fotógrafa . (Mondariz)
Retrato de tres mulleres, hóspedes do Balneario de Mondariz, vestidas de galegas en medio dun campo. A da esquerda leva con pano da cabeza, dengue con rodo de veludo, saia e mandil; sostén nas mans un sacho e unha fouce. A do medio, ten pano á cabeza atado na parte superior, dengue con rodo de veludo, saia e mandil brocado; sostén na man un angazo. A da dereita, tamén con pano da cabeza, dengue con rodo de veludo, saia e mandil; sostén na man unha galla.
Pardo Campos, Luisa, 1867-1926, Fotógrafa . (Mondariz)
Retrato de tres mulleres, hóspedes do Balneario de Mondariz, vestidas de galegas sentadas en medio dun campo. A da esquerda leva con pano da cabeza, dengue con rodo de veludo, saia e mandil brocado; sostén nas mans un sacho e unha fouce. A do medio, ten pano á cabeza atado na parte superior, dengue con rodo de veludo, saia e mandil; sostén na man unha galla. A da dereita, tamén con pano da cabeza, dengue con rodo de veludo, saia e mandil; sostén na man un angazo.