Cartel da 2ª Mostra Etnográfica celebrada na Estrada en torno á indumentaria, no ano 2000
García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo . (Ourense )
Fotografía dun cadro onde se representa un baile de muiñeira; á esquerda, os músicos, destacando un gaiterio; no centro un home comezando a bailar, e unha muller sentada; na dereita catro figuras máis. Todas as personaxes con indumentaria folclorizada.
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres co traxe rexional de Candelario. Fotografía de R. G. Ubierna
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres, de costas, co traxe rexional canario. Fotografía de Kindel (Joaquín del Palacio)
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres co traxe rexional de Salamanca. Fotografía de R. G. Ubierna
Sellier Loup, José, 1850-1922, Fotógrafo
Retrato de estudio con pano de fondo dun home coa gaita e un rapaz co tamboril. Ambos van vestidos a xogo, coa roupa das actuacións. O gaiteiro leva monteira baixa cun gran pompón, chaqueta sobre camisa branca, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano con pompóns e zapatos. O tamborileiro leva monteira baixa, chaqueta sobre chaleco e camisa, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano e zapatos.
Imaxe de construción pétrea con lintel na porta. No acceso, dúas figuras de corpo enteiro e de pé. O home con sombreiro, barba e de perfil; a muller de fronte, descalza e mirando ao espectador, viste indumentaria tradicional. Ao lados da porta, varios sacos de gran.
Cartel do Día do Enxalzamento do traxe galego celebrado no ano 2011
Imaxe de catro homes con indumentaria tradicional con chaleco, calzón curto, polainas e monteira, sentados nunha mesa de taberna.
Grupo de feirantes na Carballeira de Santa Susana. No centro, un home vestido con chapeu, camisa, chaleco, chaqueta e calzón curto, con medias de la e zocos. Ao seu carón varias mulleres con pano da cabeza, mantóns de abrigo e saias longas. Detrás, varias cabezas de gando vacún. Ao fondo, entre as pólas dos carballos, a Catedral de Santiago.
García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo . (Ourense )
Vista dun tramo do claustro de San Martiño Pinario onde figuran expostos distintos obxectos. No centro, destacan as figuras varios homes vestido á moda internacional, con chaquetas longas, chistera na cabeza e bastón.
García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo . (Ourense )
Vista dun tramo do claustro de San Martiño Pinario onde figuran expostos distintos cadros pendurados da parede. No centro, destacan as figuras varios homes vestidos á moda internacional, con chaquetas longas, chistera na cabeza e bastón.
García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo . (Ourense)
Vista portada de Platerías, en primeiro plano a escalinata de acceso, con tres homes vestidos á moda internacional con chistera e capa.
García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo . (Ourense)
Vista portada de Platerías, en primeiro plano a escalinata de acceso, con tres homes vestidos á moda internacional con chistera e capa.
Ferrer Sans, Pedro, 1870-1939, Fotógrafo . (A Coruña )
A remitente informa sobre os problemas de saúde que lle impediron escribir antes
Retrado dunha parella na eira dunha casa, coa muller á esquerda sentada nun tronco e o home de pé á dereita. A muller leva pano da cabeza branco, pano de caxemira sobre camisa branca, refaixo, mandil e zocos. O home leva chapeu, chaqueta sobre camisa e chaleco, pantalón longo e zocos; na man, un paraugas. Detrás, unha parella de nenos e un carro cargado de herba.
Debuxo coa imaxe idealizada dunha muller collendo auga nunha sella. Vai vestida con pano da cabeza, mantón sobre camisa de amplas mangas, saia, mandil e zocas de punta moi picuda.
Cartel do II Día do Enxalzamento do traxe galego, organizado por Latexos
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Galicia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925, con dous manequíns, un masculino e outro feminino diante do pórtico dunha igrexa, cun arco de medio punto. Á dereita está o manequín do home, apoiado na columna da porta. Leva a cabeza descuberta, pois ten o pucho na man esquerda. Viste unha almilla co corpo negro e as mangas claras, adornada con remontas xeométricas nos puños e na parte inferior. Por baixo, leva unha camisa branca e unha faixa de cor clara, cos flocos colgado lateralmente. Nas pernas leva calzón curto sobre as cirolas, polainas e zapatos. Á dereita está o manequín feminino, de costas, axeonllada no chan. Leva unha mantela de pano cun ancho rodo de veludo e adornada con agremán bordado na parte central. De cintura para abaixo leva unha saia negra e un mantelo, tamén con rodo de veludo e agremán bordado.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Málaga na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena de pesca con catro manequíns masculinos nunha praia na que está varada unha embarcación. Á esquerda hai un home con dous cestos de esparto cargados de peixe, pendurados dos brazos; no centro, outro home cun xeonllo apoiado no chan e ao seu carón dous rapaces de costas, recostados no chan.