García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo . (Ourense )
Fotografía dun cadro onde se representa un baile de muiñeira; á esquerda, os músicos, destacando un gaiterio; no centro un home comezando a bailar, e unha muller sentada; na dereita catro figuras máis. Todas as personaxes con indumentaria folclorizada.
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres co traxe rexional de Candelario. Fotografía de R. G. Ubierna
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres, de costas, co traxe rexional canario. Fotografía de Kindel (Joaquín del Palacio)
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres co traxe rexional de Salamanca. Fotografía de R. G. Ubierna
Sellier Loup, José, 1850-1922, Fotógrafo
Retrato de estudio con pano de fondo dun home coa gaita e un rapaz co tamboril. Ambos van vestidos a xogo, coa roupa das actuacións. O gaiteiro leva monteira baixa cun gran pompón, chaqueta sobre camisa branca, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano con pompóns e zapatos. O tamborileiro leva monteira baixa, chaqueta sobre chaleco e camisa, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano e zapatos.
Imaxe de construción pétrea con lintel na porta. No acceso, dúas figuras de corpo enteiro e de pé. O home con sombreiro, barba e de perfil; a muller de fronte, descalza e mirando ao espectador, viste indumentaria tradicional. Ao lados da porta, varios sacos de gran.
Cartel do Día do Enxalzamento do traxe galego celebrado no ano 2011
Imaxe de catro homes con indumentaria tradicional con chaleco, calzón curto, polainas e monteira, sentados nunha mesa de taberna.
Grupo de feirantes na Carballeira de Santa Susana. No centro, un home vestido con chapeu, camisa, chaleco, chaqueta e calzón curto, con medias de la e zocos. Ao seu carón varias mulleres con pano da cabeza, mantóns de abrigo e saias longas. Detrás, varias cabezas de gando vacún. Ao fondo, entre as pólas dos carballos, a Catedral de Santiago.
Retrado dunha parella na eira dunha casa, coa muller á esquerda sentada nun tronco e o home de pé á dereita. A muller leva pano da cabeza branco, pano de caxemira sobre camisa branca, refaixo, mandil e zocos. O home leva chapeu, chaqueta sobre camisa e chaleco, pantalón longo e zocos; na man, un paraugas. Detrás, unha parella de nenos e un carro cargado de herba.
Debuxo coa imaxe idealizada dunha muller collendo auga nunha sella. Vai vestida con pano da cabeza, mantón sobre camisa de amplas mangas, saia, mandil e zocas de punta moi picuda.
Cartel do II Día do Enxalzamento do traxe galego, organizado por Latexos
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Galicia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925, con dous manequíns, un masculino e outro feminino diante do pórtico dunha igrexa, cun arco de medio punto. Á dereita está o manequín do home, apoiado na columna da porta. Leva a cabeza descuberta, pois ten o pucho na man esquerda. Viste unha almilla co corpo negro e as mangas claras, adornada con remontas xeométricas nos puños e na parte inferior. Por baixo, leva unha camisa branca e unha faixa de cor clara, cos flocos colgado lateralmente. Nas pernas leva calzón curto sobre as cirolas, polainas e zapatos. Á dereita está o manequín feminino, de costas, axeonllada no chan. Leva unha mantela de pano cun ancho rodo de veludo e adornada con agremán bordado na parte central. De cintura para abaixo leva unha saia negra e un mantelo, tamén con rodo de veludo e agremán bordado.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Málaga na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena de pesca con catro manequíns masculinos nunha praia na que está varada unha embarcación. Á esquerda hai un home con dous cestos de esparto cargados de peixe, pendurados dos brazos; no centro, outro home cun xeonllo apoiado no chan e ao seu carón dous rapaces de costas, recostados no chan.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Murcia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena exterior con cinco manequíns, tres mulleres e dous homes. No lado dereito hai unha parella de mozos cos traxes típicos; no centro, outra parella de máis idade e na esquerda unha muller axeonllada. No fondo, debuxado na parede, unha paisaxe cunha casa típica.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Valencia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena doméstica con catro manequíns femininos, vestidos de `falleras`, no interior dunha casa. No centro da composición, unha muller sentada nunha cadeira diante dun secreter aberto. Ao seu carón, dúas mulleres de pé, unha mostrándolle tecidos e a outra colocándolle unha mantela polos ombreiros. Detrás, unha muller de idade avanzada observando uns tecidos de seda.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Valencia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena doméstica con dous manequíns masculinos, no interior dunha casa. No centro da composición, un home sentado nunha cadeira, vestido con camisa, chaleco e pantalón longo; ao seu carón, outro home de pé con chaqueta e calzón curto; ambos homes calzan alpargatas, Detrás unha cama e o manequín dunha muller maior mirando unha tea.
Cartel do Día do Enxalzamento do Traxe Galego celebrado no ano 1982 no marco das Festas do Apóstolo
Vista xeral da rúa do Cardeal de Monforte, ao fondo o mosterio de San Vicente do Pino e o castelo. En primeiro plano, unha casa con galería e unha muller cunha nena montada sobre un burro.
En formato horizontal, vista xeral dunha escena de baile tradicional con catro mulleres e dous homes bailando e vestidos con indumentaria floclorizada. Na dereita, un grupo de músicos, tamén con vestimenta folclorizada.