Tarifas das viaxes da empresa `La Increíble` entre A Garda e Vigo
Reprodución fotográfica dunha fotografía coa vista dunha eira empedrada cunha palleira dun andar na esquerda. Ao fondo hai dúas mulleres vestidas con panos da cabeza, camisas, saias e mandís, unha delas levando un gran saco branco na cabeza. Detrás, un muro de pedra pechando a eira, cunha porta baixa de listóns de madeira. Por detrás do muro hai un cruceiro e un hórreo de dous claros, cámara de pedra e cuberta de tella.
Executoria do preito litigado por Juan de San Clemente, arcebispo de Santiago de Compostela, con Pedro Bermúdez de Castro, Pedro García de Armesto e a súa dona María de Aldao, sobre a xurisdicción civil e criminal de varias freguesías de Pontevedra. Asina Alonso Arias.
Listado de compravendas de fincas levadas a cabo por María Núñez Pené e Joaquín Acuña Soage. Só recolle algunhas de 1887 a 1890.
Observacións dos pagadores das rendas de Ricardo Blanco-Cicerón sobre os bens que lle mercou a Peregrina Santamarina na provincia de Pontevedra.
Postal que reproduce unha cromolitografía debuxada por Luis Labarta y Grañé e litografada por Magin Pujadas en 1895, ca. Representa a imaxe idealizada dunha muller da provincia de Pontevedra vestida con pano da cabeza sen atar, dengue vermello sobre xustillo negro e camisa branca, refaixo amarelo e mandil vermello; leva os pés descalzos e un cesto na cabeza. No ángulo superior esquerdo, o escudo de Pontevedra
Caderno de rendas compradas por Ricardo Blanco-Cicerón a Peregrina Santamarina no ano 1891.
Relación dos títulos de beneficio do oficio de Zernadas, notaría de Poio, entre os anos 1542 e 1554.