Recibís dos pagos do foro da Casa da Senra dos anos 1890-1894 feitos tanto por Ricardo-Blanco-Cicerón como polos herdeiros de Nicolás Pérez Santamarina, os de Felipe Gutiérrez e de Carmen Castro Gutiérrez (do Convento de San Paio). Inclúe dúas notas, unha do Rexistro da Propiedade de Santiago sobre a titularidade dos foros e outra sobre o mesmo e o cobrador.
Factura de Antonio Fontbuena por uns toneis para cervexa e tapóns.
Conta de Fulgencio Laiseca como administrador de Ricardo Blanco-Cicerón en Tui.
Factura do taller de Manuel Abalde Fernández por unha viaxe en automóvil a Curtis de Ricardo Blanco-Cicerón.
Conta de Eugenio Villar por traballos de pintura no baixo dunha casa de Ricardo Blanco-Cicerón destinado á cervexería para os Asorey.
Conta de Antonio Pintos González por traballos de carpintería na horta da casa dos Agros da Carreira, de Santiago.
Conta de Leopoldo Paso polos traballos feitos e materiais empregados nunha casa de Tui.
Conta de Juan Martínez polos traballos feitos na cociña dunha casa de Tui.
Factura do establecemento de Domingo Carro por varios artículos.
Factura da ebanistería de Santiago Freire Rodríguez por tres pezas.
Factura da Tipografía Galaica pola impresión de estampas e follas da asociación `Hijas de María`, e que probablemente asumiu Ricardo Blanco-Cicerón.
Recibo e conta dos pagos realizados por Ricardo Blanco-Cicerón a Jesús Fernández Suárez, notario de Santiago.
Recibí do pago realizado a Onofre Bargiela por unha inscrición nun nicho propiedade de Ricardo Blanco-Cicerón.
Recibí do pago realizado por Varela Reselle baixo orde de Ricardo Blanco-Cicerón e a través de Silvestre López para Sor Carmen de S. José, abadesa en Tui.
Recibí do pago realizado por Ignacio Comesaña ao administrador de Ricardo Blanco-Cicerón, Melitón N. López.
Conta de José Manuel L[ilexible] polos traballos feitos na casa da Rúa dos Alfolíes de Tui propiedade de Ricardo Blanco-Cicerón e arrendada.
Recibí de Manuel Seoane polo pago dos dereitos dunhas fincas de Ricardo Blanco-Cicerón en Coruxo tralo preito con Domingo Antonio Abreu.
Conta dos traballos de pintura realizados na casa de Ricardo Blanco-Cicerón e nos Hospicianos en varias datas, dende 1907 ata 1913.
Factura de Ángel Villegas polo subministro de varios elementos do seu establecemento para a casa da Rúa Nova.
Recibo dos pagos de Ignacio García polos foros compartidos cun veciño de dúas casas da Rúa Alfolíes de Tui a Ana Núñez. Paga en setembro de 1869 e engade un pago en 1873.