Sellier Loup, José, 1850-1922, Fotógrafo
Retrato de estudio con pano de fondo dun home coa gaita e un rapaz co tamboril. Ambos van vestidos a xogo, coa roupa das actuacións. O gaiteiro leva monteira baixa cun gran pompón, chaqueta sobre camisa branca, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano con pompóns e zapatos. O tamborileiro leva monteira baixa, chaqueta sobre chaleco e camisa, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano e zapatos.
Pintos Amado, Joaquín, 1881-1967, Fotógrafo . (Pontevedra )
Retrato de algo máis de medio corpo dun home de avanzada idade, de barba branca e sen bigote, cunha zanfona nas mans. Viste un sombreiro de copa redondeada e aba ancha, cos laterais domeados cara arriba, e un blusón castelán cun chaleco negro por riba. Sobre o ombro dereito apoia unha vara. Leva pendurada a zanfona do seu lado dereito, coa man dese lado collendo o veo que acciona a roda; a man esquerda vai pousada sobre a caixa cos dedos postos sobre o teclado.
Grupo nunha romaría entre os que destaca Dolores Gómez Lago, coñecida como `A Cega de Miranda` ou `de Peredo` tocando o violín. Vai vestida con pano da cabeza, anoado na parte superior, camisa, saia, mandil e botas. Ao seu carón, un home con boina, chaqueta e pantón longo, tocando á pandeireta. Xunto a el, outro home, tamén con chaqueta e pantalón longo e con chapeu, cun pito nunha man e un garrafón recuberto de vimbio na outra. Ao redor, varias persoas, homes, mulleres e nenos, sentados e deitados no chan. Ao fondo, paisaxe dun amplo val.
Retrato de estudo dun home coa gaita e un neno coa caixa. Ambos van vestidos coa roupa das actuacións: o gaiteiro leva moiteira baixa cun gran pompón, chaleco de colo alto sobre camisa branca, calzón curto, polainas de pano con pompóns e zapatos. O neno leva monteira picuda, chaqueta, cazón curto que deixa ver as cirolas, polainas e zapatos.
Retrato de dous mozos, posando con cadanseu instrumento musical: unha gaita e un tamboril moi estreito. Ambos van vestidos a xogo, coa roupa das actuacións: monteira con bordados e borlas, chaleco de colo alto sobre camisa branca, faixa na cintura, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano e zapatos.