Escritura de compravenda de varias fincas na parroquia de Cabral, outorgada por José Benito Álvarez a favor de Francisco Núñez Salgueiro.
Escritura da venda dunha casa na rúa Imperial de Vigo entre María Rosa de Pazos e Manuel Arribas a Francisco, Ventura, Ramona e María Núñez Salgueiro, ante o notario Buenaventura Álvarez del Quintanal. Inclúe os recibos dos pagos dos arrendos de 1853, 1854 e 1855 e do laudemio de 1856.
Escritura da venda duns terreos de labradío no lugar de Sellos na parroquia de Santa Cristina de Lavadores entre Domingos Caride e Francisco, Ventura, Ramona e María Núñez Salgueiro. Inclúe o recibo do pago dos impostos.
Documentos do preito polo cobro da parte correspondente pola venda dunha casa pertencente a unha herdanza. Francisco Núñez Salgueiro mercou unha casa baixa na rúa do Outeiro de Vigo aos irmáns Brunet. Un deles, José Antonio, está en Bos Aires e reclama a través doutro, José María, a Carlos Brunet como albacea, e ao comprador a entrega da cantidade que lle toca pola venda e as rendas habidas pendentes.
Documentos do preito polo cobro da parte dunha herdanza. Francisco Ignacio Pazos tiña unha débeda con Francisco Núñez e á morte do primeiro o segundo quedou con cartos que logo lle reclama Gerónimo Larrañaga e que un xuzgado estima que ten que pagar.