Retrato dunha nena de oito anos vestida de primeira comuñón con vestido e velo brancos. Vai axeonllada nun reclinatorio sostendo un misal entre as mans. Diante, un crucifixo sobre unha mesa alta. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe
Retrato dun neno de curta idade, vestido con traxe de mariñeiro de pantalón curto. Está de pé a carón dunha cadeira na que descansa un sombreiro branco. Detrás, un pano de fondo.
Maig Photo Studios, Fotógrafos (Cuba. Guanabacoa)
Retrato dun neno de curta idade, vestido cun mameluco branco e subido a unha cadeira sen brazos, apoiando a súa man dereita no respaldo. Detrás, un pano de fondo.
Retrato dun home de pelo curto e bigote, vestido cun traxe de chaqueta de cor clara. Á esquerda, unha cadeira de respaldo moi traballado e á dereita unha mesa cuberta por un pano, na que descansa, boca arriba, un sombreiro canotier, no que se lee: Temporada 1913, Guanabacoa
Balas, Javier G., Fotógrafo . (Cuba-Guanabacoa )
Retrato dun home de pelo curto e bigote, sentado nunha cadeira de brazos. Viste camisa branca, gravata de lazo negra, chaqueta escura, pantalón longo claro e zapatos. Na súa man esquerda leva un habano. Detrás, un pano de fondo cun xardón con columnas