Pacheco Guedes, José, Fotógrafo . (Ourense )
Busto dun home co pelo curto e bigote. Viste camisa branca, gravata de lazo negra e chaqueta negras.
Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
Busto feminino en 3/4 á esquerda, co pelo recollido na parte posterior da cabeza. Viste unha chaqueta escura coa parte do peitoral en branco e cun colo alto en forma de volante fruncido.
Pacheco Guedes, José, Fotógrafo . (Ourense )
Retrato de corpo enteiro dunha moza vestida de escuro á moda da Belle Epoque, cun traxe adornado con agremán bordado tanto no corpo como na saia. Vai apoiada nun moble tocador, de estilo alfonsino, cun espello no que se ve reflectida a parte posterior da súa cabeza.
Martí, Joan, Fotógrafo . (Barcelona )
Busto feminino dunha muller adulta co pelo recollido na parte alta da cabeza, deixando caer uns rizos sobre a fronte. Viste unha blusa escura de lunares brancos, con grandes mangas abullonadas e adornada con flocos no peito.