Registros encontrados: 6 Total Páginas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

1980, ca.
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 302 x 400 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Acibecheiro no seu obradoiro, retocando unha peza de acibeche que apoia no seu banco de traballo

CFX/Foto-26//25
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

1955, ca.
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 238 x 297mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Grupo de cinco telleiros, dous deles rapaces, facendo tellas en dous bancos ou potros. No da dereita están distribuíndo o barro nas gradinas e no da esquerda, dándolle a forma no formal. Diante, unha eira chea de tellas postas a secar.

CFX/Foto-26//06
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

1980, ca.
1 fotografía(s) Positivo en cor 297 x 403 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Oleiro ás portas do seu obradoiro botando vidrado no interior dunha tarteira catalá, rodeado doutras tarteiras xa vidradas e outras pendentes de vidrar. Está axeonllado ante unha almofía que contén o vidrado de cor vermella, sostendo a tarteira coa súa man esquerda e aplicando o vidrado coa dereita. Viste boina, camisa de cadros, pantalón e zapatillas e vai protexido cun mandil con peito.

CFX/Foto-26//24
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

1955, ca.
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 295 x 239 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Telleiro erguendo o barro para amasalo e preparar as tellas. Ao seu carón, un rapaz e un banco ou potro para traballar as tellas. Detrás, unha eira chea de tellas postas a secar ao sol. Ao fondo, a telleira co forno aceso, do que sae un fume negro.

CFX/Foto-26//08
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.98 - Antonio Fraguas Fraguas
03.06.98.02 - Fotografías etnográficas e outras

1900 / 1910
1 fotografía(s) salón ou imperial Positivo en branco e negro 120 x 179 mm., sobre cartón de 206 x 270 mm.

En: 03.06.98.02 - Fotografías etnográficas e outras

Vista do obradoiro dun zapateiro e limpabotas con cinco homes. Á esquerda hai un home de pé, visible só en parte, vestido con boina e traxe de chaqueta. A continuación hai un rapaz, con blusón e pantalón longo, sentado nun tallo e cunha bigornia ou necesaria entre as perna; na bigornia ten un botín que suxeita cunha man, mentres na outra leva un martelo. A continuación, e sentado detrás dun banco de zapateiro, hai outro mozo, con camisa branca e chaleco. Ao seu carón, un home de bigote, con camisa e chaleco, sentado detrás dunha mesa redonda con tres patas torneadas sobre a que están estendidos uns papeis. Á dereita, un home con gorra e traxe de chaqueta e outro zapateiro sentado nunha cadeira, vestido con blusón e pantalón longo. Ao fondo, unha mesa de traballo con un montón de zapatos e á dereita unha tarima de limpabotas cunha cadeira enriba e varios soportes para poñer os pés.

AFF/Foto-30//02
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

1960 / 1970
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 326 x 270 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Zoqueiro no seu obradoiro labrando o interior dunha zoca coa trade. Viste boina, xersei de punto e pantalón longo.

CFX/Foto-26//23
Página: 1/1