Registros encontrados: 1 Total Páginas: 1
Apugliese, P., Fotógrafo . (Bos Aires )
1925 / 1935
1 postal fotográfica(s)
Positivo en branco e negro
136 x 87 mm. en cartafol de 169 x 115 mm.
Retrato dunha moza de corpo enteiro cun vestido de talle baixo de cor clara e con zapatos de tacón. Leva o pelo peiteado con raia ao medio e recollido na parte posterior da cabeza. Leva pendentes longos e un colar de perlas. A súa man dereita, onde leva un reloxo de pulso, vai apoiada nunha mesa de patas tordeadas; a esquerda, sostén unha cortina. A postal preséntase nun cartafol tipo libro, suxeita con cantoneiras, o que permite extraela; vai protexida por un papel vexetal. A portada do cartafol vai adornada cun busto feminino de perfil, cheirando unha rosa.
RRA/Foto-28//44
Página: 1/1