Reprodución fotográfica dunha postal antiga en dúas fotografías correspondentes ao anverso e ao reverso. A imaxe do anverso representa a Curros Enríquez depositando un ramo de flores na tumba de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres da Igrexa de Bonaval; no lado esquerdo, un texto impreso con data. O reverso leva impresa unha poesía de Curros Enriquez dedicada a Rosalía, con data e o enderezo manuscrito de Enrique Mayer en Santiago
Fotografía Almeida, Fotógrafo (Santiago de Compostela) Almeida, Silvestre
Mausoleo de Rosalía de Castro no Panteón de Ilustres de Galicia na igrexa de San Domingos de Bonaval con dúas coroas aos lados e flores soltas por riba da tumba e no chan. No centro da tumba, un tríscele, emblema da Organización Xuvenil Ultreya.
Reprodución fotográfica dunha postal antiga en dúas fotografías correspondentes ao anverso e ao reverso. A imaxe do anverso representa a Filomena Dato diante tumba de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres da Igrexa de Bonaval; na parte inferior, un texto impreso. O reverso leva impresa unha poesía de Filomena Dato dedicada a Rosalía, con data.
A imaxe do anverso representa a Filomena Dato diante da tumba de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres da Igrexa de Bonaval; na parte inferior, un texto impreso. O reverso leva impresa unha poesía de Filomena Dato dedicada a Rosalía, con data.
Tumba de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingos de Bonaval. Na parte superior e na esquerda, unhas coroas de flores
Grupo de catro homes diante da reixa de acceso á Igrexa de San Domingos de Bonaval. De esquerda a dereita: Rodrigo Sanz, Lois Porteiro Garea (fundador das Irmandades da Fala), Francesc Cambó (político catalán) e Xesús Culebras (fundador da Irmandade da Fala de Santiago de Compostela). Os catro van vestidos con traxe de chaqueta e gravata e levan sombreiros.