Ver nivel superior
Proxecto do arquitecto Juan de Ciórraga para a Casa da Senra.
Acordo e condicións engadidas de venda da Casa da Senra a Ricardo Blanco-Cicerón referentes as portas, cocheiras, ventás, luces e laudemio. Documento asinado polo representante e un apoderado dos vendedores e máis polo comprador.
Acordo entre os herdeiros de Ricardo Blanco-Cicerón para o reparto dos cupos da herdanza. Tamén inclúe unha folla co detalle dos cupos en cor ocre. Os firmantes son María Blanco-Cicerón, Tomás Blanco-Cicerón, Simeón Blanco-Cicerón e Armando Castroviejo, en representación dos seus fillos.
Acta de sesión da Sección Arqueolóxica para crear as subcomisións: de obras, de propaganda e de correspondencia. Sinalando ademais a composición de cada unha coa estrutura de presidente, vocais e secretario
Confraría de San Roque (Santiago de Compostela)
Actas e borradores das reunións da entidade.
Contén as actas dos dous anos que Ricardo Blanco-Cicerón no seu paso pola alcaldía de Tui, primeiro coma tenente de alcalde e logo como alcalde accidental.
Confraría de Nosa Señora do Rosario (Santiago de Compostela)
Documentos referidos ás actividades propias da confraría
Relación de 14 obxectos artísticos pertencentes á colección da familia Blanco-Cicerón para formar parte da XV Exposición do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos de Santiago. Asinado por Felipe Cordero Carrete
Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926
Documentos de compravenda, testamentos,... que chega ata máis aló do pasamento de D. Ricardo Blanco-Cicerón
Relación das partidas de bens inmobles asignadas para Herminia García de la Riba, con cinco cupos con diferentes partidas. Inclúe un borrador de 4 follas numeradas do 1 ao 4
Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926
Inclúe documentos do seu paso pola alcaldía de Tui, como tenente de alcalde e como alcalde accidental, tales coma: actas plenarias, certificados, censos, estatísticas, presupostos, libros de contas..., e aqueles previos que precisou no desenvolvemento das súas funcións, así coma algúns da época posterior
Alegación de José Soto Suances e Valentina Veiga Fernández polos seus dereitos reais sobre a casa do Carme de Abaixo que din que lles debe Ricardo Blanco-Cicerón.
Alegación dun dos herdeiros de Ricardo Blanco-Cicerón sobre a disconformidade acerca da realización das tasacións dos bens da herdanza de Ricardo Blanco-Cicerón, e notas sobre as anteriores
Plano dos alzados de 2 alturas e salas nun edificio para a Exposición Regional Gallega de 1909
Plano dos alzados de 3 alturas e salas de mostras para a Exposición Regional Gallega de 1909
Anotacións variadas relacionadas coa construción da casa familiar
Conta do Concello de Cangas co axuste do recibo da contribución da finca chamada `Campo de la Retirosa`, en Coiro.
Apuntamentos sobre una `paulina` do ano 1527 no lugar de Carracida en Santa Cristina de Barro (Noia)
Fotomontaxe coa vista en detalle do anverso e reverso dunha arracada. TNo anverso, ten forma circular oca, formada por varias láminas de metal pegadas e decoradas no interior con cinco seccións semiesféricas. Na parte baixa, levan unha placa triangular con decoración incisa de puntos. E na parte superior, a cadeiña de fíos trenzados para colgar da orella.
Julio Buide Codesido, procurador dos herdeiros de Ricardo Blanco-Cicerón, arrenda no seu nome a José Alonso González un molino na parroquia de Baldráns