Acta do acordo tomado por Benigno de la Riva, Jacobo García e Manuel García Blanco, en representación de `Viuda e Hijos de Simeón García` e Ambrosio Herrreros en representación de Adelaida Herreros. É copia.
Mostrario dos traballos do taller de J. Espinagosa, especialista en decoracións sobre vidrio, vidrieiras de cores, cristais gravados e muselinas.
Carta dunha Comisión a favor do avogado Manuel Dámaso e de Claudio Fontanellas por estaren ambos presos en Barcelona.
O remitente pregunta a Blanco-Cicerón se a escultura de Carbonell é do seu agrado
O remitente confirma un envío a Blanco-Cicerón que probablemente xa lle chegara, e comenta con detalle a voda de Concepción Nieto, filla do seu socio
O remitente avisa do envío da escultura de Carbonell encargada por Blanco-Cicerón
Candelaria Bargiela felicita á Ana Nuñez polo seu santo, comenta que están instalándose en Barcelona e que están enterados do que sucede co Congreso Católico celebrado en Santiago.
Carta do Colexio de Avogados de Barcelona ao decano do homónimo en Santiago expoñéndolles o caso de Manuel Dámaso de Nieva, tamén avogado, e defendendo a súa actuación.
O remitente, xefe da Biblioteca Provincial y Universitaria de Barcelona, contesta sobre petición de fondos por parte da Exposición Regional Gallega de 1909, sinalando que entre os seus fondos non figuran referencias a Galicia.
J. Nieto escribe a Ricardo Blanco-Cicerón para decirlle que os planos que este lle ten encargados a un arquitecto de Barcelona están xa casi rematados.
J. Nieto escribe a Ricardo Blanco-Cicerón sobre uns planos que este lle ten encargados a un arquitecto de Barcelona.
Desde a empresa comunican a José Vilas que non poden atender a súa petición sobre un motor de gas (que require para a Casa da Senra)
O remitente, enxeñeiro catalán, solicita a Ricardo a súa colaboración e posible préstamo de obxectos arqueolóxicos da colección de Blanco-Cicerón para a futura exposición a celebrar en Barcelona en 1917
Carta de poder outorgada por María Iglesias y Curty, viúva de Timoteo García de la Riva, primo de Herminia, a Ricardo Blanco-Cicerón.
Ver nivel superior
R. Espejo de Hinojosa informa a Amando Castroviejo sobre a nova edición do seu libro `Manual de economía política`, con novidades, por se o quere recomendar aos seus alumnos.
O remitente comunica a Ricardo Blanco-Cicerón as condicións que lle poñen na `Sociedad de Gramophonos` para proceder á compra dun que lle encargara
Carlos de Montoliu y de Durán escribe a Ricardo Blanco-Cicerón para concertar un encontro na súa visita a Santiago, como parte dunha xira da Liga antiduelista.
Publicidade da empresa Roviralta y C.ª (S. en C.), fabricante de cartón-cortiza utilizado para tellados e cobertizos, coas instrucións de colocación.
Vista detalle do tramo dun claustro, con arcadas apuntadas e con bóvedas de crucería decoradas con ménsulas. Ao fondo, unha porta con arquivoltas.
Vista detalle dun ángulo do claustro con arcos apuntados e contrafortes decorados con arcos conopiales. En primeiro plano, unha reixa e no centro una fonte.