Cartel publicitario da 6ª edición organizada pola Escola de Verán de Galicia a mediados dos anos 80
Listado de documentos adxudicados a María Núñez Pené, algúns por herdanza e outros por compra ou adxudicación a ela ou a Joaquín Acuña.
Acordo entre os herdeiros de Joaquín Acuña Soage para asignar un valor á casa da rúa Policarpo Sanz.
Acordo privado sobre a propiedade da parede medianeira entre as casas de José Núñez e Ricardo Ulibarry en Vigo.
Acta notarial a requeremento de Joaquín Acuña Soage polas molestias causadas por un taller metalúrxico próximo á casa de A Seara, no Peniche, tanto pola emisión de gases como por ruídos e desperfectos.
Cartel para a difusión do anteproxecto do Museo do Mar de Galicia deseñado por Aldo Rossi e César Portela para Vigo. Deseño de Eloy Lozano
Mapa do itinerario dunha excursión a A Toxa no marco dunha asemblea do Instituto Nacional de Previsión. Mapa de A. Rivera das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo.
Cartel da mostra de pezas a subastar de artistas galegos en apoio e solidaridade aos traballadores de Ascón, no ano 1978 aproximadamente, na Galería Torques,
Autorización da raíña rexente María Cristina a Joaquín Acuña Soage para desenvolver o cargo de Cónsul de Paraguai en Vigo.
Cartel do encontro cultural artísitico celebrado no ano 1996 na Estación Marítima de Vigo
Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Vista parcial do peirao do Berbés, coa casa dos `Efectos Navales` á esquerda e unha construción de madeira coa lenda `Armadores` á dereita. En primeiro plano, á dereita, uns bancos corridos con patelas baleiras amoreadas e varias mulleres sentadas.
Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Varias embarcacións a vapor atracadas no peirao do Berbés
Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Mariñeiros montando palangres en cestas apoiadas sobre gamelas varadas na praia boca abaixo. Ao fondo, casas da rúa de San Francisco e o campanario da Igrexa de San Francisco
Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Mulleres sentadas nun banco corrido esperando a chegada da pesca. Detrás, á esquerda, unha construción de madeira coa lenda `Armadores`. Ao fondo, a cidade de Vigo
Borrador da execución do testamento de María Núñez Pené
Cadro xenealóxico de Fernando Bens de Rivera, escudeiro de Vigo, falecido en 1540.
Ángel Sáenz Díez recomenda un obreiro, que lle chega de parte do mestre Antonio González Romero, a Ricardo Blanco-Cicerón para unhas obras na azotea da Casa da Senra.
Ángel Sáenz Díez concreta as condicións laborais do obreiro que irá a facer unha obra na Casa da Senra de Ricardo Blanco-Cicerón .
Benito Sanjurjo escribe a Joaquín Acuña Soage sobre as condicións do testamento dunha persoa no que está interesado e acerca da venda duns terreos en Bouzas que son do seu interese.
Cándida Chao escribe a Joaquín Acuña Soage para manifestarlle os seus mellores desexos tras venderlle a finca de José María Chao, seu pai.