O remitente comenta a importancia duns pergameos de 1456 escritos en galego para estudar a evolución da lingua. Aproveita para acusarlle de levarse dos pobos galegos moitas pezas de gran valor só pola súa fame de coleccionista
A remitente, viúva de Pedrosa Ulloa, avisa a Ricardo Blanco-Cicerón sobre uns pergameos que pediu Eladio Oviedo para á Exposición Regional Gallega de 1909, pero dos que descoñece o paradeiro
Sampedro comunica a Blanco-Cicerón acaba de recibir o pergameo de Charino (Almirante de Castilla)
O remitente agradece a Ricardo Blanco-Cicerón que lle fixera chegar unha fotografía dun pergameo no que estaba interesado. Saúda á súa familia e en especial ao fillo ferido na guerra de Melilla.
Confirmación de cobro por parte do prior do mosteiro, frei Álvaro de Santiago, polas misas en favor de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago. Inclúe tamén tres documentos anteriores, nos que Rodrigo de Moscoso, arcebispo de Santiago, reclama o pago de misas aos testamentarios do deán. O documento remata coa fórmula da excomuñon, ou fórmula cominatoria, empregada de xeito habitual.
O remitente comenta a existencia nun anticuario duns pergameos do antigo convento de Santo Domingo de Tui, unha peza de marfil, unha cruz de bronce, unha cómoda, un reloxo e pezas de mobiliario.
Ante o notario da vila de Noia, Lopo Rodríguez, un conxunto de testemuñas (vedrayos) que xuran sobre os evanxeos co fin de marcar os límites dunha propiedade reclamada por Afonso Guillelmez e a súa muller, Sabela Rodríguez. No texto destacan varios topónimos das parroquias de Argalo, Tállara e Fruime, pertencentes aos concellos de Noia e Lousame.
Documento de venta e cesión dos bens de Pero Campillo adxudicados en subasta pública ao mellor licitador, Roi del Oro, notario público de Muros, ante o notario público de Noia, Fernán López de Lamas, tamén notario real.
Conxunto de no documentos relacionados co testamento de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago, outorgado ante o notario de Santiago, Aluar Perez Puquerino. Destacan entre outros, os pagos aos escribáns, aclaración do herdeiro e sobriño, ao respecto do codicilo, sobre as rendas para a fundación dunha capela en Santa Maria a Nova de Noia, ou un documento sobre Fernán Núñez, fillo do propio deán, en prisión por querella, liberado con cargo aso cartos do testamento destinados a obras de misericordia
Modificación testamentaria de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago, outorgado ante o notario de Santiago, Aluar Perez Puquerino. Inclúe inventario de bens mobles, relación de moedas, e xoias e obxectos suntuarios.
Testamento de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago, outorgado ante o notario de Santiago, Aluar Perez Puquerino. Son varios os beneficiarios do testamento, entre eles, os mosteiros de San Domingos, San Francisco e Belvis, o arcebispo Rodrigo de Moscoso, o Hospital de Santiago, o seu sobriño e cóengo da catedral, Xil Martínez, amais dos cartos deixados para as `pitanzas`.