Listado de documentos adxudicados a María Núñez Pené, algúns por herdanza e outros por compra ou adxudicación a ela ou a Joaquín Acuña.
Acordo entre os herdeiros de Joaquín Acuña Soage para asignar un valor á casa da rúa Policarpo Sanz.
Ver nivel superior
Relato de Joaquín Pensado no que solicita que se declare ao seu respresentado, Francisco Blázquez García como único herdeiro universal ab in testato do seu tío o Arcebispo de Santiago, Miguel Cuesta García. Xuntando a árbore xenealóxica desta familia.
Ver nivel superior
Consideración do procurador do caso Blázquez García contra Nicasio Sánchez, sobre as respostas nos interrogatorios das diferentes testemuñas e persoas implicadas no caso.
Ver nivel superior
Consideración do procurador Joaquín Pensado das respostas do interrogatorio a Nicasio Sánchez, na causa da herdanza de Miguel Cuesta García, arcebispo de Santiago e tío do seu representado, Francisco Blázquez García.
Aprobación por parte de Victoriano Martí Santos e as súa irmás dunha partilla do testamento dos seus pais e que corresponde á parte do seu irmán, Casiano Martí Santos, que está en bos Aires
Notas sobre tres aspectos xurídicos acerca do morgado e as súas explicacións.
Borrador da execución do testamento de María Núñez Pené
Ver nivel superior
Carta a Francisco Blázquez, informando do interese por parte dos seus curmáns (Nicasio e Juan Francisco) e Pablo Cuesta por chegar a un acordo sen ter que ir a preito, instándoo a ceder en certas pretensións, polos custos dos xuizos. Invítao a ir a Santiago para tratar do asunto.
Carta de Agustín Ungría Castro, director de `El Formento Industrial y Mercantil`, a Jenaro Blanco confirmando o envío do certificado da última vontade e partida óbito de Adelaida Herreros.
O remitente, Camilo Cela, solicita ao destinatario información sobre os atrasos nuns pagos ao seu tío, de quen é herdeiro, amais da validez dun poder otorgado polo falecido en 1868.
Ver nivel superior
Carta de Francisco Blázquez a Julián Obaya considerando intolerable a demanda de Pablo Cuesta, sobre a reclamación duns soldos da herdanza do seu tío.
Joaquín Acuña Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre os bens da familia paterna en Cangas, e a disposición que fixo deles por indicación do tío. Sinala que deixou o usufructo dunha casa e un ferrado para as fillas de Juan Acuña coa dona que o coidou.
Confirmación de cobro por parte do prior do mosteiro, frei Álvaro de Santiago, polas misas en favor de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago. Inclúe tamén tres documentos anteriores, nos que Rodrigo de Moscoso, arcebispo de Santiago, reclama o pago de misas aos testamentarios do deán. O documento remata coa fórmula da excomuñon, ou fórmula cominatoria, empregada de xeito habitual.
Ricardo Blanco Cicerón informa ao destinatario as disposición testamentarias para obras pías e beneficencia
Carta de Tomás Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón anunciando a visita dun amigo, Francisco García Olano, que leva a carta en man. Tamén avisa de que Marcial Bargiela está de camiño a Santiago.
Carta de Tomás Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre os pasos dados na resolución xudicial da herdanza de Gregorio Fondevila en Bos Aires. Menciona o pasamento de Ana Núñez, nai de Ricardo Blanco-Cicerón.
Carta de Tomás Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre os pasos dados para que os bens da herdanza de Gregorio Fondevila en Bos Aires podan chegar aos seus pais. Adxunta xustificante da conta no `Banco Español del Río de la Plata`, e cartas de negocios de Maipú dando información.