Acordo privado sobre a propiedade da parede medianeira entre as casas de José Núñez e Ricardo Ulibarry en Vigo.
Ver nivel superior
Manuel de Sas escribe ao seu fillo para que lle faga chegar unha información a Amando Castroviejo sobre unhas terras por varias comarcas de Ourense.
Ante o notario da vila de Noia, Lopo Rodríguez, un conxunto de testemuñas (vedrayos) que xuran sobre os evanxeos co fin de marcar os límites dunha propiedade reclamada por Afonso Guillelmez e a súa muller, Sabela Rodríguez. No texto destacan varios topónimos das parroquias de Argalo, Tállara e Fruime, pertencentes aos concellos de Noia e Lousame.
Demarcación do coto de San Antonio de Toques, que abarca as xurisdiccións de Sobrado e Melide, lindando con terras dos condes de Altamira e de Sarria.
Borrador dun inventario de bens inmobles de Ricardo Blanco-Cicerón en Cangas, que inclúe unha hipoteca e unha pensión vitalicia. Non leva ningún elemento de oficiliadade: selo, data ou firma.
Inventario dos bens de Nicolás del Río Noguerido presentado polo seu fillo Robustiano del Río no caso contra José Torrado.
Recordatorio para que Ricardo Blanco-Cicerón pida unha copia dunha escritura da finca da Cañiza a Celanova e sobre as preguntas a Mera dos seus pagos.
Instancia que Ricardo Blanco-Cicerón realiza para solicitar un certificado de propiedade de dúas casas na cidade de Santiago, unha na Rúa da Senra e outra na Rúa Nova. No mesmo documento inclúese o certificado do Rexistro da propiedade do Concello de Santiago.