1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.29.01.02.//URP/Foto-24//026
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
URP/Foto-24//026
1.2. Título
[Consagración do bispo de Palencia Valentín García Barros]
1.3. Datas
1914
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 169 x 226 mm. sobre cartón 285 x 344 mm. Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Carrero Goyanes, Ernesto, 1854-1919, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )2.2 Historia Institucional/Biografía
Fotógrafo nado en Verín. Instalado en Compostela en 1889, onde abre estudios na rúa do Vilar 43 e 49, desenvolvendo a súa actividade fotográfica entre 1890 e 1910.
Foi fillo dun enxeñeiro de obras públicas, o que fixo que residira en diversas localidades, Carril, Padrón e Compostela desde 1864, amais de Verín onde naceu.
En 1889 a prensa informa da apertura dun estudio na rúa do Franco que nunca chegou a abrir; un ano despois, ten novo estudio no nº 43 da rúa do vilar (o que antes fora o estudio de Pedro Varela), rexistrado primeiro baixo o nome “Fotografía Artística de Ernesto Carrero”, despois como “E. Carrero”. En 1907 trasládase ao nº 49, da mesma rúa, sendo a derradeira ubicación, e dado de baixo en 1910. Fotógrafo republicano e masón, destacou como retratista e como fotógrafo documental, de tipo monumental e de eventos, tirando fotografías do traslado dos restos de Rosalia de Castro a Bonaval en 1891 e a visita de Curros Enríquez á tumba da primeira en 1904.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Uxío de la Riva Pol
1988-2005
3.1. Alcance e contido
Retrato de grupo na terraza do Pazo de Raxoi, distribuídos en dúas filas. Na fila dianteira, sete homes sentados, entre eles o bispo García Barros; detrás na segunda fila, once homes de pé. Flanqueando ao grupo a ambos lados, dous funcionarios do Concello e os dous maceros, con traxe de cerimonia. No lado esquerdo, un home cun tambor.
Mención de responsabilidade no soporte secundario: E. Carrero. Santiago. Rúa del Villar 49
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz e Alexa García Pose no ano 2021.
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
A Coruña-Santiago de Compostela - Fotografías8.9. Datos adicionais. Cobertura
A Coruña-Santiago de Compostela - Fotografíasnº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0001797 | URP/Foto-24//026 | Uxío de la Riva Pol | Disponible |