545 | $aSegún o `Tesauro y Diccionario de Denominaciones de Bienes Culturales`, unha tarxeta postal é un documento de cartolina, xeralmente de forma rectangular, que se emprega para correspondencia breve e aberta. O anverso adoita estar decorado cun debuxo, unha fotografía, un gravado, texto, etc. A imaxe do anverso pode ser substituída por información gráfica ou por texto relativo a unha empresa, evento, espectáculo, festexo ou a un determinado produto. O reverso consta de dous partes: na metade dereita adóitanse incluír unhas liñas impresas que serven de guía para escribir os datos persoais do destinatario, e na esquerda o remitente escribe o texto da mensaxe, breve por razóns de espazo. Na parte superior dereita, hai un espazo reservado para pegar o selo postal do valor correspondente. |
---|