1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.32.01.//FLL/Foto-29//08
Localización de la documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Signatura
FLL/Foto-29//08
1.2. Título
[Conchita Armesto Porras e un neno disfrazados]
1.3. Datas
1913-02-19 . Ourense
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 141 x 90 mm. Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Pacheco Guedes, José, Fotógrafo . (Ourense )2.2 Historia Institucional/Biografía
O portugués José de Sousa Guedes Pacheco chegou a Ourense cara a 1880. En 1889 ten estudio na Rúa Pelayo 20; en 1896 trasládase á rúa Alba 13 e finalmente en 1899 ao número 9 da mesma rúa. Era irmán do tamén fotógrafo Xaime Pacheco. Tivo dous fillos, José (1902) e Augusto (1908) quen se fixo cargo do seu estudio en 1947.
Conchita Armesto Porras era filla do Tenente Coronel Enrique Armesto López e de Mercedes Porras Carpintero. Pese a morrer aos 16 anos, hai algunhas referencias na hemeroteca e en Vida Gallega, da súa participación en festivais benéficos en Ourense.
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Avelina e Eumelia Lojo Lestón
Data do ingreso
2014
3.1. Alcance e contido
Retrato de parella de dous nenos disfrazados segundo a moda de 1800. A nena leva un vestido longo, estilo imperio, de manga curta, con luvas longas e zapatos de tacón; leva unha perruca cuns longos bucles caendo sobre os ombros e adornada con plumas. O neno, tamén con perruca, leva chaqueta con faldróns nas costas, calzón curto e medias e zapatos. A nena apoia a súa man esquerda na man dereita do neno, nun ademán de iniciar unha danza.
Mención de responsabilidade, no ángulo inferior dereito, cuño seco: `J. Pacheco / Fotógrafo / Orense`
Nota manuscrita a tinta no anverso con data: `Vuestra sobrina y primita que os quiere mucho, Conchita. Orense 19 febreiro de 1913`
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas y requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Armesto Porras, Conchita, 1904-1920 Ourense Entroido8.9. Datos adicionales: Cobertura
Ourensenº Control | Signatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000121 | FLL/Foto-29//08 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |