1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.08.
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Signatura
1.2. Título
Familia Acuña Castroviejo
1.3. Datas
1601 / 2017
1.4. Nivel de descrición
Fondo
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
11 unidade(s) de instalación compartidas. Papel e pergameo. Atendendo á clase dos documentos, unha gran parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai que sinalar a presenza de documentos gráficos, como é o caso de fotografías, gravados, planos ou carteis. O estado de conservación é bo en xeral.
2.2 Historia Institucional/Biografía
A familia Acuña Castroviejo é descendente de Ricardo Blanco-Cicerón a través do matrimonio de Amando Castroviejo Nobajas con Concha Blanco-Cicerón e posteriormente polo casamento de Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón con Darío Acuña Lagos.
2.3. Historia Archivística
Os fondos ingresaron ao longo do ano 2020 e 2021 no Museo do Pobo Galego traídos por Rosina e Margarita Acuña Castroviejo, bisnetas de Ricardo Blanco-Cicerón, netas de Amando Castroviejo e fillas de Darío Acuña.
Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada con outra do profesor Fernando Acuña Castroviejo. O estado de conservación é bastante bo en xeral, aínda así e por protocolo do museo, procedeuse a unha desinsectación e limpeza dos fondos.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2020-2021
3.1. Alcance e contido
Documentación da familia Acuña Castroviejo, descendentes de Ricardo Blanco-Cicerón a través do matrimonio de Amando Castroviejo Nobajas con Concha Blanco-Cicerón e posteriormente o casamento da súa filla Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón con Darío Acuña Lagos.
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está previsto
3.3. Novos ingresos ou transferencias
Pode haber novas achegas
3.4. Organización
Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. 01.08.01 Leonor Vázquez de Acuña.
01.08.02 Diego Vázquez de Acuña. 01.08.03 María Núñez Pené. 01.08.03.01 Documentos patrimoniais. 01.08.03.02 Documentos persoais. 01.08.04 Joaquín Acuña Soage. 01.08.04.01 Documentos patrimoniais. 01.08.04.02 Documentos persoais. 01.08.04.03 Documentos de función. 01.08.04.04 Miscelánea. 01.08.05 Darío Acuña Núñez. 01.08.05.01 Documentos persoais. 01.08.06 Darío Acuña Lagos. 01.08.06.01 Documentos persoais. 01.08.06.02 Documentos de función. 01.08.06.03 Producción literaria. 01.08.06.04 Impresos, folletos e postais. 01.08.07 Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón. 01.08.07.01 Documentos persoais. 01.08.07.02 Documentos de función. 01.08.08 Concha Castroviejo Blanco-Cicerón. 01.08.09 José María Castroviejo Blanco-Cicerón. 01.08.10 Fernando Acuña Castroviejo. 01.08.11 Impresos. 01.08.12 Fotografías,
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán.
4.4. Características físicas y requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Atendendo á clase dos documentos, unha gran parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai que sinalar a presenza de documentos gráficos, como é o caso de fotografías, gravados, planos ou carteis. O estado de conservación é bo en xeral.
4.5. Instrumentos de descripción
Instrumentos de descripción
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
nº Control | Signatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0004687 | 01.08 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizado | Disponible |