1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.08.04.
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Signatura
1.2. Título
Joaquín Acuña Soage
1.3. Datas
1856 / 1932
1.4. Nivel de descrición
Fondo
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 u.i. compartida. Papel. O estado de conservación é bo en xeral. Atendendo á clase dos documentos, unha gran parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai que sinalar a presenza de documentos gráficos, como é o caso de fotografías.
2.1. Produtor-Institución
Acuña Soage, Joaquín, 1856-19322.2 Historia Institucional/Biografía
Joaquín Acuña Soage ou Soaje (Vigo, 1856-1932) foi un farmacéutico vigués, fillo de Juan Acuña Cordeiro e Josefa Soage Pardavila. Ademáis foi nomeado cónsul do Paraguai en Vigo. Casou con María Nuñez e tiveron 4 fillos: José, Joaquín, Darío e Isabel de la Purificación,
No ano 1897 o arquitecto francés Michel Pacewicz proxectou a súa casa, un dos edificios emblemáticos da cidade.
2.3. Historia Archivística
Os fondos ingresaron ao longo do ano 2020 e 2021 no Museo do Pobo Galego traídos por Rosina e Margarita Acuña Castroviejo, bisnetas de Ricardo Blanco-Cicerón, netas de Amando Castroviejo Nobajas e fillas de Darío Acuña Lagos.
Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada coa do profesor Fernando Acuña Castroviejo.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2020 e 2021
3.1. Alcance e contido
Se trata principalmente de documentos patrimoniais de Joaquín Acuña Soage que acreditan a procedencia e xestión dos seus bens e as futuras herdanzas dos descendentes.
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está previsto
3.3. Novos ingresos ou transferencias
Pode haber novas achegas
3.4. Organización
Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. 01.08.01 Leonor Vázquez de Acuña.
01.08.02 Diego Vázquez de Acuña. 01.08.03 María Núñez Pené. 01.08.03.01 Documentos patrimoniais. 01.08.03.02 Documentos persoais. 01.08.04 Joaquín Acuña Soage. 01.08.04.01 Documentos patrimoniais. 01.08.04.02 Documentos persoais. 01.08.04.03 Documentos de función. 01.08.04.04 Miscelánea. 01.08.05 Darío Acuña Núñez. 01.08.05.01 Documentos persoais. 01.08.06 Darío Acuña Lagos. 01.08.06.01 Documentos persoais. 01.08.06.02 Documentos de función. 01.08.06.03 Producción literaria. 01.08.06.04 Impresos, folletos e postais. 01.08.07 Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón. 01.08.07.01 Documentos persoais. 01.08.07.02 Documentos de función. 01.08.08 Concha Castroviejo Blanco-Cicerón. 01.08.09 José María Castroviejo Blanco-Cicerón. 01.08.10 Fernando Acuña Castroviejo. 01.08.11 Impresos. 01.08.12 Fotografías,
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán.
4.4. Características físicas y requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
O estado de conservación é bo en xeral. Atendendo á clase dos documentos, unha gran parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai que sinalar a presenza de documentos gráficos, como é o caso de fotografías.
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018.
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
nº Control | Signatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0004696 | 01.08.04 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizado | Disponible |