1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./02.01.
Localización de la documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Signatura
1.2. Título
Unidade Galega
1.3. Datas
1970 / 2002 1970
1.4. Nivel de descrición
Fondo
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
Papel.
2.1. Produtor-Institución
Unidade Galega (EG)2.2 Historia Institucional/Biografía
Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.
A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5`35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6`35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.
As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Partido Unidade Galega
2005
3.1. Alcance e contido
No ano 2005 chega ao Museo o arquivo procedente do Partido Unidade Galega, no que hai tamén documentos pertencentes a outras formacións políticas anteriores: Partido Obreiro Galego, Esquerda Galega, e a coalición Partido Socialista-Esquerda Galega. Cronoloxicamente abarca desde 1970 ata o 2002.
Os apartados principais son: constitución e organización, congresos e asembleas, eleccións, acción social, organización sindical, oficina de prensa, economía e finanzas e relacións institucionais. A maioría da documentación pertence á coalición PSG- EG, en consonancia coa súa duración temporal máis longa
4.1. Condicións de acceso
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.2. Condicións de reprodución

4.4. Características físicas y requisitos técnicos
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
nº Control | Signatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000062 | 02.01 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |