1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.//CFX/Foto-20//09
Localización de la documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Signatura
CFX/Foto-20//09
1.2. Título
[Visita de Francesc Cambó ao Panteón de Rosalía de Castro]
1.3. Datas
1917-09-11
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 82 x 133 mm. Papel. Regular.
2.2 Historia Institucional/Biografía
Francesc Cambó i Batlle (1876-1947). Político e avogado catalán, de ideoloxía conservadora e catalanista. Cofundador e líder da Liga Regionalista, chegou a ser electo deputado en Cortes en varias ocasións. Foi ministro de Facenda e de Fomento en varios gabinetes do reinado de Afonso XIII. Ausente durante os anos da ditadura de Primo de Rivera, trala proclamación da Segunda República volveu á política e foi elixido deputado das Cortes republicanas. Tralo golpe de estado de 1936 e o estalido da Guerra Civil posicionouse a favor de Franco, contribuíndo economicamente á causa franquista. Con todo, acabada a contenda non regresou a España e instalouse en Arxentina, país no que residiu ata o seu falecemento en 1947.
Luís Porteiro Garea (1889-1918), Avogado e político galego, fundador das Irmandades da Fala. Foi catedrático na USC, concelleiro agrarista e presidente das Irmandades da Fala desta cidade. En febreiro de 1918 presentouse como candidato rexionalista a deputado en Cortes polo distrito de Celanova. Colaborou en diversas publicacións como El Radical, Gaceta de Madrid, Estudios Gallegos e A Nosa Terra.
Xesús Culebras Rodríguez (1879-1948). Veterinario, intelectual, científico e galeguista. Profesor auxiliar de Parasitoloxía da Escola de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, logo chegou a catedrático na Escola Superior Central de Veterinaria de Madrid. Foi promotor e fundador da Irmandade da Fala de Santiago de Compostela en maio de 1916. Militante... ver más
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Familia Culebras Pérez
2018
3.1. Alcance e contido
Grupo de catro homes diante da reixa de acceso á Igrexa de San Domingos de Bonaval. De esquerda a dereita: Rodrigo Sanz, Lois Porteiro Garea (fundador das Irmandades da Fala), Francesc Cambó (político catalán) e Xesús Culebras (fundador da Irmandade da Fala de Santiago de Compostela). Os catro van vestidos con traxe de chaqueta e gravata e levan sombreiros.
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está prevista ningunha eliminación
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas y requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Regular.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Cambó i Batlle, Francesc, 1876-19478.9. Datos adicionales: Cobertura
A Coruña-Santiago de Compostelanº Control | Signatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0005208 | CFX/Foto-20//09 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |