1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.//CFX/Foto-26//02
Localización de la documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Signatura
CFX/Foto-26//02
1.2. Título
[Retrato de Ofelia Nieto]
1.3. Datas
1920, ca.
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 220 x 160 mm., sobre cartón de 379 x 260 mm Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Walken, 1890-1936, Fotógrafo (Calvache Gómez de Mercado, José) . (Madrid )2.2 Historia Institucional/Biografía
Fillo do tamén fotógrafo Diego Calvache Yáñez, formouse na galería do seu pai na Carrera de San Jerónimo 16. Co alcume de Walken abriu o seu propio estudo no 16 da rúa Sevilla, no que retrataba principalmente á xente do espectáculo, tanto artistas de teatro como da canción. Nos anos 20 dedicouse á dirección e produción cinematográficas. Colaborou en moitas revistas, especialmente ás referidas ao teatro. Foi asasinado a comezos da Guerra Civil.
Ofelia Nieto Iglesias (1898-1931) foi unha soprano española, filla do compostelán José Nieto (`Nietiño` na obra La Casa de la Troya). Debutou o 28 de maio de 1914 no Teatro Real de Madrid coa obra Maruxa, estreada primeiro como zarzuela e despois como ópera. En 1928, na cúspide da súa carreira, retirouse ao contraer matrimonio. Era irmá da tamén soprano Ángeles Ottein, nome artístico creado a partir do seu apelido invertido e dobrando o t.
2.4. Forma do ingreso
Depósito
Museo Municipal de Santiago
1978
3.1. Alcance e contido
Busto da soprano Ofelia Nieto, coa mirada cara arriba, co pelo liso peiteado con raia a un lado e recollido na parte posterior da cabeza. Levan uns pendentes longos de dous corpos triangulares e unha chambra brocada de escote moi aberto.
Mención de responsabilidade, no ángulo inferior dereito: Walken / Madrid
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está prevista ningunha eliminación
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas y requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
6.1 Nota xeral
Aparece nos inventarios do Museo Municipal de Santiago como `Fotografía de Ofelia Nieto, hija de `Nietiño`, con dedicatoria al Excmº Ayuntamiento`. A dedicatoria borrouse e apenas pódese apreciar uns trazos sobre o escote da cantante.
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Nieto Iglesias, Ofelia, 1898-1931 A Coruña-Santiago de Compostela Fotografías8.9. Datos adicionales: Cobertura
A Coruña-Santiago de Compostelanº Control | Signatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000018 | CFX/Foto-26//02 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |