1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.//CFX/Foto-26//16
Localización de la documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Signatura
CFX/Foto-26//16
1.2. Título
[Homenaxe a Francisco Asorey en Sobrado dos Monxes]
1.3. Datas
1926-08
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 281 x 385 mm. Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)2.2 Historia Institucional/Biografía
Fotógrafo e intelectual galego que participou na sociedade do seu tempo (foi membro da Sociedade Económica de Amigos do País) e na política municipal de Compostela. Aprendeu o oficio desde moi novo na Coruña co mestre, Luis Sellier. En 1877 abre estudio fotográfico en Santiago, destacando como retratista de gabinete e como fotógrafo comercial inmortalizando, entre outras cousas, os fondos artísticos e documentais do museo da catedral, incluído o Códice Calixtino. Algunhas das súas fotografías foron premiadas en exposicións de carácter internacional, como a Exposición Universal de París, en 1889, ou a de Chicago en 1893. Destaca a súa obra `Compostela monumental` de 1884, un porfolio con vinte catro fotografías da cidade acompañadas dun texto do historiador Bernardo Barreiro; considerada o primeiro libro de fotografías impresas editado por un fotógrafo galego en Galicia. Colaborou con publicacións da época, como a revista Galicia Moderna, editada en Pontevedra. Poseía o título honorífico de fotógrafo da Real Casa outorgado polo rei Afonso XII e condecorado coa Cruz de Isabel a Católica
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Manuel Villar Núñez
1985
3.1. Alcance e contido
Retrato dun grupo numeroso de persoas diante do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Todas as persoas asistentes a homenaxe ao escultor Francisco Asorey con motivo do seu triunfo na Exposición Nacional de Belas Artes. Asorey está na parte media do grupo, hacia á dereita, vestido con traxe de chaqueta e gravata de lazo, cun canotier na man. No lado esquerdo hai un gaiteiro coas mans postas no punteiro da gaita e co soprete na boca. Preto do gaiteiro e un pouco máis arriba están tres coñecidos médicos composteláns: Manuel Villar Iglesias, Alejandro Rodríguez Cadarso e José Puente Castro.
Mención de responsabilidade, no ángulo inferior dereito: `Fto. Chicharro`
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está prevista ningunha eliminación
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas y requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
6.1 Nota xeral
É unha copia ampliada da fotografía orixinal propiedade do doante
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Asorey, Francisco, 1889-19618.9. Datos adicionales: Cobertura
A Coruña-Sobradonº Control | Signatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000032 | CFX/Foto-26//16 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |