1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 136 x 86mm. Papel. Bo.
0
No reverso, mención de responsabilidade, cuño de tinta: `Ramón Caamaño / Fotógrafo / Mugia`
Retrato dun matrimonio cunha filla. Os tres están de pé en actitude moi hierática. A muller viste toda de negro e leva un bolso na man. O home, de bigote e pelo curto, viste traxe de chaqueta con gravata. No medio está a nena, vestida de cor clara cun vestido de talle moi baixo, e sostendo tamén un bolso na man. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha parede cunha balaustrada e unha columna cunha maceta en forma de copa no alto. Baixo os pés, unha tea de cadros.