Descargar
Nivel de descrición:

Sección

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.23 - Clodio González Pérez
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.23.01.


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Documentos persoais

1.3. Datas

1947 1947

1.4. Nivel de descrición

Sección

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

Papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

González Pérez, Clodio

2.2 Historia Institucional/Biografía

Clodio González Pérez, (Cenlle, 1947), mestre, etnógrafo, historiador e conferenciante galego, membro correspondente da Real Academia Galega, Cronista Oficial do concello de Cenlle, de abundante produción humanística.
Exerceu o labor docente ata 2012. Participou en varias campañas de escavacións arqueolóxicas (A Lanzada, Porta de Arcos-Rodeiro, Pipín-O Hío etc.) con Francisco Fariña Busto, e traballos etnográficos de campo en Galicia e León con Xosé Manuel González Reboredo. É membro da sección de Arte Popular e do Padroado do Museo do Pobo Galego; da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega; do Instituto de Estudios Tudenses; do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego; vogal suplente da comisión de Patrimonio Histórico Galego da provincia da Coruña en representación do Consello da Cultura Galega etc. Pertenceu á sección de Etnografía e Folklore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (secretario, 1984-1994) e á “Fundación Pro–Patrimonio de Rois”. Formou parte do equipo asesor do consello consultivo da Enciclopedia Galega Universal, e foi asesor e colaborador da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, coordinador das coleccións “Os nosos humoristas” de Ed. do Castro, e “Raizame” de Ir Indo Edicións, e desde 2013 é director adxunto e coordinador da Editorial Toxosoutos.
Igual de importantes son as súas achegas aos fondos da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, con monografías e unha colección cartográfica recoñecida

2.3. Historia Archivística

Os fondos ingresan no Museo do Pobo Galego de maneira fluida e constante traídos polo propio Clodio González Pérez ata a data actual.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Clodio González Pérez

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Se trata de diversas coleccións de facticias de temática variada, relacionados cos intereses do propio Clodio González Pérez. Documentos tanto textuais como gráficos moi heteroxéneos

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está prevista ningunha eliminación

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Con continuas entradas de novos documentos

3.4. Organización

Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.23.01 Documentos persoais. 01.23.02 Documentos patrimoniais. 01.23.03 Documentos de función. 01.23.04 Documentos de función privada. 01.07.05 Documentos alleos. 01.23.06 Coleccións facticias

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Galego. Castelán. Portugués

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

$Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000002701.23.01Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible