Descargar
Nivel de descrición:

Expediente

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.05 - Postais, estampas e recordatorios
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.07.06.05.//RBC/Caixa191-05


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Caixa191-05

1.2. Título

Recordatorios

1.4. Nivel de descrición

Expediente

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 carpeta(s) Papel.

2. Área de contexto

2.2 Historia Institucional/Biografía

Ricardo Blanco-Cicerón Núñez naceu en Tui o 27 de outubro de 1844.
Estudiou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi alcalde da súa vila natal entre 1877 e 1879. No ano 1880 regresou a Santiago onde casa con Herminia García de la Riva e comeza a exercer a avogacía.
En 1884 ingresou na Sociedade Económica de Amigos do País, foi membro non numerario da Real Academia Galega e da Sociedade Pro-monte de Santa Tegra, a mais de ocupar a vicepresidencia da Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909. Participou na creación da Sociedad Unión Obrera Benéfica e Instructiva Regional de Santiago. Foi membro do Banco Simeón (fundado por Simeón García, irmán da súa dona) entre 1918 e 1921, e tesoureiro da xunta da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago. Vinculado ao carlismo galego, destacou como home de fondas crenzas relixiosas, xeneroso devoto de San Telmo, patrón de Tui, e membro das Confrarías de San Roque e Nosa Señora do Rosario de Santiago.
Destaca na súa faceta de gran coleccionista, pois chegou a reunir unha heteroxénea colección de obxectos arqueolóxicos, artísticos e antigüidades, amais dunha gran biblioteca e dun arquivo composto por documentos, fotografías, gravados e planos.
Finado en Santiago de Compostela o 1 de agosto de 1926, foi soterrado no camposanto da Confraría do Rosario en San Domingos de Bonaval.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Recordatorios tanto funerarios, como de primeira comuñón ou actividades relixiosas de calquera índole.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego elaborada por Iago Martínez Penabad

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

#HEREDA#

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1892 (2) 1896 (1) 1897 (2) 1905 (1) 1906 (1) 1907 (1) 1908 (6) 1909 (2) 1910 (1) 1912 (5) 1913 (1) 1915 (2) 1916 (1) 1917 (5) 1918 (1) 1920 (5) 1921 (1) 1922 (5) 1924 (1) 1927 (1) 1932 (1) 1934 (1) 1935 (1) 1944 (1)
RBC/Caixa191-05//01 [Recordatorio da Asociación de Fillas de María de Compostela]

RBC/Caixa191-05//02 [Felicitación das Irmás Trinitarias de Vigo polo Ano Novo]

RBC/Caixa191-05//03 [Recordatorio da Primeira Comuñón de Dolores de la Riva García]

RBC/Caixa191-05//04 [Recordatorio da Primeira Comuñón de Nieves Díaz Esténs]

RBC/Caixa191-05//05 [Recordatorio da Primeira Comuñón de Julián Gómez Governa]

RBC/Caixa191-05//06 [Tarxeta de nacemento de José Manuel del Río Santalla]

RBC/Caixa191-05//07 [Recordatorio funerario de Saturnino Balado Alonso]

RBC/Caixa191-05//08 [Recordatorio funerario de Manuel de la Riva de Pazos]

RBC/Caixa191-05//09 [Recordatorio funerario de Manuel de la Riva de Pazos]

RBC/Caixa191-05//10 [Recordatorio funerario de Concepción García Blanco de la Riva]

RBC/Caixa191-05//11 [Recordo dol XXV Aniversario da fundación da Asociación Auxiliadora das Misións]

RBC/Caixa191-05//12 Santa Cecilia, Virgen y Mártir, rogad por nosotros

RBC/Caixa191-05//13 [Recordatorio da Primeira Comuñón de Angel e Rafael Cervera Cabello]

RBC/Caixa191-05//14 [Recordatorio da Primeira Comuñón de Miguel Ballejo]

RBC/Caixa191-05//15 [Recordatorio da Primeira Comuñón de María del Carmen García Nieto]

RBC/Caixa191-05//16 [Recordatorio da Primeira Comuñón de José Graña Montes]

RBC/Caixa191-05//17 [Recordatorio da Primeira Comuñón de Mercedes Penedo Alsina]

RBC/Caixa191-05//18 [Recordatorio da Primeira Comuñón de Manuel Álvarez Prado]

RBC/Caixa191-05//19 [Recordatorio da inscrición de María Figueroa García na arquiconfraría Prima-Primaria]

RBC/Caixa191-05//20 [Recordatorio da primeira misa do presbítero José Graña Montes]

RBC/Caixa191-05//21 [Recordatorio da consagración de D. Juan José Solis y Fernández, bispo de Mondoñedo]

RBC/Caixa191-05//22 [Recordatorio da visita do Reverendo Pai Pablo Albera]

RBC/Caixa191-05//23 [Recordatorio da primeira comuñón de varias alumnas do Colexio de Nosa Señora do Sagrado Corazón de Santiago]

RBC/Caixa191-05//24 [Recordatorio da primeira comuñón de Ángeles e María Deuloféu Carbona]

RBC/Caixa191-05//25 [Recordatorio da consagración de Luisa Posse Villelga como relixiosa]

RBC/Caixa191-05//26 [Recordatorio de funeral do escultor Maximino Magariños Rodríguez]

RBC/Caixa191-05//27 [Recordatorio de funeral do cronista Benito Fernández Alonso]

RBC/Caixa191-05//28 [Esquela de María del Rosario García Blanco]

RBC/Caixa191-05//29 [Recordatorio de María Estrela da mañá]

RBC/Caixa191-05//30 [Recordatorio de Comuñón de María de la Concepción Castroviejo y Blanco Cicerón]

RBC/Caixa191-05//31 [Recordatorio de Comuñón de María de la Concepción Castroviejo y Blanco Cicerón]

RBC/Caixa191-05//32 [Recordatorio de Comuñón de María de la Concepción Castroviejo y Blanco Cicerón]

RBC/Caixa191-05//33 [Recordatorio de Comuñón de María de la Concepción Castroviejo y Blanco Cicerón]

RBC/Caixa191-05//34 [Recordatorio de Comuñón de José María Castroviejo y Blanco Cicerón]

RBC/Caixa191-05//35 [Recordatorio de Comuñón de María del Pilar Castroviejo y Blanco Cicerón]

RBC/Caixa191-05//36 [Recordatorio de Comuñón de Ana María Castroviejo y Blanco Cicerón]

RBC/Caixa191-05//37 [Recordatorio de Comuñón de Ana María Castroviejo y Blanco Cicerón]

RBC/Caixa191-05//38 [Recordatorio de Comuñón de Ana María Castroviejo y Blanco Cicerón]

RBC/Caixa191-05//39 [Recordatorio de Comuñón de Ana María Castroviejo y Blanco Cicerón]

RBC/Caixa191-05//40 [Recordatorio de funeral de José María Damborenea y Castroviejo]

RBC/Caixa191-05//41 [Recordatorio do curso de catequese 1911-1912 en Santiago]

RBC/Caixa191-05//42 [Recordatorio dos exercicios espirituais da Xuventude Católica Feminina]

RBC/Caixa191-05//43 [Felicitación da Congregación Mariana de Nosa Señora do Pilar e Santa Rita]

RBC/Caixa191-05//49 ¡Pensadlo bien! o Reflexiones sobre las postrimerías del hombre

RBC/Caixa191-05//54 [Recordo da Sacramental de Santa Susana do ano 1935]

RBC/Caixa191-05//55 [Recordatorio-relicario de santos lugares custodiados por franciscanos]

RBC/Caixa191-05//56 [Recordatorio-relicario da Obra Pía de Terra Santa]

RBC/Caixa191-05//57 [Recordatorio-relicario de San Tarsicio]

RBC/Caixa191-05//58 [Recordatorio-escapulario de Nosa Señora do Carme]

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0005250RBC/Caixa191-05Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible