Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato feminino]
1866 / 1868 1866
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 53 mm. sobre cartón de 100 x 61 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, selo de tinta: `Garcia, Fotógrafo / Vigo`
Retrato dunha moza de corpo enteiro, co pelo recollido na parte posterior da cabeza. Vai vestida ao estilo romántico cun traxe escuro algo curto, que deixa ver as botas ata os nocellos. Na man esquerda leva un carné de baile. Á dereita, vese parte dunha cadeira co respaldo tallado e detrás, un pano de fondo debuxando un xardín con arquitecturas.
FSC/Foto-18//39
Mostrar nivel inferior